Os novos locais e hosteleiros acaparan os premios Santiago(é)Tapas 09

Last updated on 16 / Xullo/ 2009


Fotos: Santiago (é)Tapas

Toda unha nova xeración de hosteleiros composteláns acaparou os premios de Santiago (é)Tapas, que se fallaron este serán nunha gala na Praza de Abastos de Compostela. Podédelas ver nas fotos de enriba a abaixo e no sentido das agullas do reloxio. A novísima A Tafona resultou a principal gañadora con Papada de porco, cigaliña e limón, unha tapa realmente viciosa. A mellor tapa creativa ficou no Restaurante Acio, a curiosa empanada de polbo seco á chama. Na mellor tapa tradicional gañou a Filloa O Catro, do bar O Catro. Na maridaxe con cervexa, o xurado escolleu o cubo crocante de atún con mermelada de tomate avainillado presentado polo Garum. O premio Galicia Calidade ao uso de produtos galegos levouno a Brocheta de chipiróns con maionesa verde de algas e po de nori da Tapería Castelao. O restaurante Madam Ragú obtivo dos premios. O do público ao fresco e veraneiro Bacallau Maravillau e o premio “(e)xcelente 09” ao mellor servizo e local.

Pola miña banda, moitos parabéns aos premiados. Coma o ano pasado, foi un gustazo participar no xurado do certame e poder coñecer moitas pequenas obras de artesanía gastronómica. Está claro que hai unha nova xeración de locais na tradicional hostalería compostelana que teñen ambición, preparación, gañas de facer cousas novas, e gústame moito que tanto o xurado coma o público premien ese esforzo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará