Restaurante Culler de Pau: mans galegas e xaponesas para crear elegancia gastronómica no Grove


Fotos: Sole

Con só dous meses de vida, o restaurante Culler de Pau, en Reboredo (O Grove) [T: 986732275 / localización] é, sen dúbida, unha das máis agradábeis sorpresas da tempada gastronómica en Galicia. Galegos e xaponeses están a emprender unha elegante nova aventura culinaria que cómpre seguir con atención. Só oito mesas nun edificio vangardista e moi minimalista, que combina un luminoso -case cegador- branco, a madeira e o cristal, a través de enormes fiestras que se abren á boca da ría de Arousa, permitindo distinguir os illotes de Noro e Vionta, Ribeira e a orixinal perspectiva da serra do Barbanza que ofrece o Grove. Aquí se serve un menú contemporáneo, sinxelo, cunha cociña e sala sorprendentemente rodadas a só dous meses da inauguración. Tempos, temperaturas, servizo axústase como nun restaurante de anos de experiencia. Algo inusual.

Entra o sol por este edificio case translúcido, e os pratos resultan belos, harmoniosos, decorados coas prantiñas dos campos da redonda, cunha montaxe dos pratos dinámica, con preves e escumas que conducen visualmente en liñas ata o ingrediente principal.

A historia deste restaurante é ben curiosa. Dirixido por dous mozos, a parella formada por Javier Olleros -que exerce na cociña- e Amaranta Rodríguez -na sala e recepción. Olleros pertence a unha familia de tradición hosteleira no Grove, propietarios do Hotel Mar Atlántico. Durante os catro meses que pechaba o hotel, Javier aproveitaba para facer stages en cociñas de aquí e acolá. Estivo en Solla, en Toñi Vicente, con Cannas no Pepe Vieira, con Arola en La Broche (Madrid), con Seiji Yamamoto en Tokio e con Martín Berasategui. Olleros levaba catro anos procurando facer algo, pero atopou aos compañeiros de aventura en Berasategui: a súa “man dereita, man esquerda, todo”, o xaponés Takahide Tanaka, xunto con outro cidadán do Sol nacente, Hakio. O tándem Olleros-Tanaka na cociña, xunto con Hakio, conforman esta cociña. “¿Que tal a confrontación cultural”, pregúntolle a Olleros. “Non hai tal”, contéstame entre risos, “son moi parecidos a nós, teñen un concepto do peixe e do marisco moi similar, aínda que eles son capaces de aproveitar todo, practicamente todo de peixes coma o rape. Aproveitamos as súas mans pero tamén os seus coñecementos”.

O resultado é unha cociña de sinxelas raíces galegas pero con influencias e precisión nipona, e en xeral, segundo Olleros, de todas as cociñas polas que ten pasado de stage. Para coñecela, nós optamos polo menú degustación.

Tras un par de aperitivos, un de foie con mazá e outro magnifico, este bocadiño de chocos, pasamos ao menú en si mesmo. Navallas con prebe de cebola torrada, lamina fina de aceituna e puré de aceituna, seguimos cun ovo “da casa” á carbonara de queixo San Simón e pan de tomillo, unha interesante e suave versión destes ovos feitos a baixa temperatura. Tras un prato tépedo de verduriñas e “roastbeef” de vitela, vinagreta de mostaza (excelente), chegou unha pescada como unha caldeirada con pérolas de tapioca e allada co peixe inusualmente máis feito do que é habitual na nova cociña galega.

No capítulo de postres, tras un prato de queixos ofrecéusenos unha remolacha xeada con froitos vermellos e un postre de café, leite e cacao -un homenaxe aos almorzos de infancia, que era puros bocados de infancia antes de ir coller o bus para o colexio.

O menú degustación custa 36 euros e, sen dúbida, é unha das mellores ofertas en relación calidade-prezo dos restaurantes de nova cociña de Galicia. Tamén se pode pedir á carta. A adega é bastante curtiña, con referencias galegas e españolas. Nós optamos por un Louro do Bolo 07. Culler de Pau arrinca sorprendentemente desde moi arriba, cun nivel inusual; o seu traballo está cheo de referencias a unha boa parte da nova cociña que se realiza en Galicia, pero seguro que será interesante ver como atopa o seu propio camiño gastronómico nun contorno tan privilexiado para excelentes produtos mariños coma o Grove. E para os afeccionados á gastronomía énos unha bonita mostra de optimismo: de como se pode facer alta gastronomía en tempos aparentemente duros para aventuras hosteleiras. Unha nova xeración de cociñeiros de alta factura técnica e conciencia das súas raíces está a acceder aos seus propios negocios e favorecendo a diversidade gastronómica do país.

Presten atención á xente de Culler de Pau. Darán que falar. A min xa me gañaron como cliente.

O menú degustación, o Louro do Bolo e os cafés saíron a 45 euros por cabeza.

23 Comments

  1. 27 / Xuño/ 2009

    Aínda non fun pero que agradable sorpresa , pois son asiduo desa zona dende neno (fiel con San Vicente dende hai mais de 30 anos) e sempre me queixo da pouca variedade que se atopa por alá.
    Sí, moi boa calidade sobre todo peixe e mariscos en lugares tradicionais como La Posada del Mar, Crisol, Solaina, Lavandeiro ,etc pero non había moita creatividade e para ir buscala xa se tiña que sair da Península e tirar cara a Cambados, Sanxenxo ou Poio , algo que non apetecía moito cando non queres líos de caravanas e aparcamentos.
    Penso que é unha gran nova para a gastronomía desa zona e ademais as vistas á noitiña terán que ser espectaculares.

  2. enriquecastillo
    28 / Xuño/ 2009

    excelente noticia en estos tiempos de crisis,que corren
    por la apuesta de esta pareja.
    les deseo la mejor suerte y muchos clientes,para que salgan los numeros.
    un saludo cordial don m.gago.
    !ah¡ como siempre la calidad fotografica de la sra.Sole es excelente

  3. kalani
    30 / Xuño/ 2009

    baixo o meu punto de vista, e despois de ir varias veces, pareceme que conseguiron facer uns pratos cuns productos excelentes e unha elaboracion digna dos mais grandes maestros dos fogons.

  4. juan carlos perret
    14 / Xullo/ 2009

    fui alguna que otra vez y la verdad no es para tanto… Muy Japones todo un poco freak y no tengo nada en contra de ellos pero ¿no hay gente de aqui lo suficientemente capacitada como para trabajar en un restaurante???? demasiado japon y poco GALICIA.

  5. 14 / Xullo/ 2009

    Juan Carlos, por suposto estou moi en desacordo contigo. Trátase dun equipo mixto de galegos e xaponeses e non entendo que problema podes ter con que en Galicia traballe xente doutros países, igual que nós fixemos moitas veces por aí fóra e o seguimos facendo, nas cociñas de medio mundo. E paréceme estupendo, por certo, que se fagan experimentos que fusionen a experiencia culinaria de xentes de diferentes culturas. Creo que o que non hai no Grove é, precisamente, diversidade gastronómica. A inmensa maioría de restaurantes están especializados en cociña galega. Non sei que problema tes en que alguén busque o seu camiño nese espazo (que, por outro lado, non é cociña xaponesa, nin moitísimo menos).

  6. Antía Picón Platas
    24 / Xullo/ 2009

    Que tiemble el Bulli!!!!

  7. Anónimo
    26 / Xullo/ 2009

    Decoración exquisita, vistas espectaculares,excelelaboración

  8. Cesar
    6 / Agosto/ 2009

    Probaremos, hay que animar el mercado y perderle el miedo a la crisis. Entiendo que un producto , por bueno que sea ha de ser bien vendido..y creo que se han preocupado de venderlo con clase y dignidad, por lo que he leido..
    Iré vacío de expectativas, tam quam tabula rasa y dejaré mi comentario.

  9. Cesar
    6 / Agosto/ 2009

    Efectivamente, Sr Gago, de acuerdo con usted en que no existe ningún problema en la fusión de culturas, antes al contrario sólpo se derivan beneficios; no estoy sin embargo de acuerdo en que no haya diversidad gastrónomica en O Grove y por extensión en Galicia…podríamos nombrar docenas de mariscos diferentes, docenas de diferentes maneras de elaborar la empanada…varias maneras de degustar el pulpo…aunque convenga conmigo que nada como una merluza a la gallega, con su aceite y su pizca de pimentón.. o qué decir de unas ostras “en su salsa”….en la sencillez está el gusto, aunque cuando estamos saciados, tendemos a elaborar…. en todos los ordenes de la vida…y no lo recrimino, sino que lo disfruto…sólo pido que por amor de un dios no le salpiquen polvo de oro!!
    Hasta ahí podríamos llegar…
    Atentamente.
    Tendré mucho gusto en acercarme a culler de pau…

  10. Cesar
    17 / Agosto/ 2009

    Al fin he podido comprobar el mestizaje en la cocina (apenas se nota, lo que es un acierto) del restaurante Culler de Pau. Efectivamente es un lugar de una sencillez elegante,espectaculares vistas, en la comida ninguna decepción para lo que esperaba, no obstante el que alejen el vino de tu vista encierra a mi parecer algunas notas negativas para ambas partes; para mi, que no tengo el vino que deseo en el momento que lo deseo y para el restaurante que al dosificarlo, me evitan la tentación de una segunda botella..además del ligero ” mosqueo” de no saber en donde anda mi botella. La próxima vez, a mi ladito.. El camarero/a que me toco en suerte “demasiado atento” para mi gusto, pero aprobado alto.

  11. 17 / Agosto/ 2009

    Certo, César, o tema de apartar o viño dá para un debate longo. Acábasme de dar a idea para un post sobre o tema, porque a min tampouco me gusta que me leven lonxe a botella (gústame lerlle a contraetiqueta, esas cousas). Alégrome que che gustara.

  12. javi
    17 / Agosto/ 2009

    Comida rica, pero muy pequeñas cantidades, cuando empiezas a degustar y disfrutar se acabo al plato. Decoracion moderna y agradable con buena vista. Inconveniente para mi: se permite fumar y te llega rapidamente el humo de las otras mesas. El servicio es aceptable.

  13. JACK SPARROW
    25 / Outubro/ 2009

    Todo bien ……lamentable acustica. Precisan cambiar si quuieren que la gente este comoda

  14. Anton
    9 / Novembro/ 2009

    Estivemos no culler de pau este sábado, gustounos moito o lugar e a comida.

    O único pero: non ten zona de non fumadores e estabamos rodeados por todolos lados de chemineas, o que motivou que a experiencia sensorial dos pratos non fora todo o aceptabel que podería…

  15. xlsebio
    9 / Novembro/ 2009

    Anton enton coicidimos,eu estaba na terceira enpezando polo fondo. Na mesa do lado do tio que fumaba.Como cheguei un pouco mais tarde solo me fastidiou dous platos.E a cuarta vez que vou, e encantame.Fun ca muller e comimos de picoteo varios primeiros.Tiña unha cea moi pesada pola noite.Bo nivel cama sempre.

  16. sayed
    20 / Novembro/ 2009

    oidoooo,amigo javi felicitaciones ,te deseo todo el exito posible .me imagino que estan dando mucho que hablar por esos lados de dios.un gran saludo a taka .lo mejor para uds .

  17. Anónimo
    6 / Novembro/ 2010

    Muy buena pinta,quizá nos pasemos este finde!

  18. juan carlos perret
    12 / Abril/ 2011

    Hola, Soy el verdadero Juan Carlos Perret, y nunca fui a cullar de pau, me encantaria ir a comer, seguro de que esta muy bueno, yo lo conozco a javi olleros y no dudaria de su calidad culinaria,ni la de su equipo. YO NO ESCRIBI LO ANTERIOR “IMPOSTOR”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará