Secret Ingredients, un menú do mellor da prosa gastronómica norteamericana

Este libro, Secret Ingredients: The New Yorker Book of Food and Drink, é unha marabilla. Recolle unha antoloxía de relatos e crónicas gastronómicas publicadas na revista The New Yorker ao longo de toda a súa dilatada historia. E nestes textos de escritores tan variados como Woody Allen, Julian Barnes, Anthony Bourdain, Rald Dahl, Don DeLillo, A.J. Liebling ou Jane Kramer, entre moitísimos outros, está algunha da mellor literatura gastronómica que teño eu lido en inglés. Un auténtico manual para aprender a escribir de forma intelixente sobre pratos, cociñas, cociñeiros e experiencias, pero tamén para observar os cambios culturais que tamén se viviron na gastronomía neste século XX. Desde a fascinación pola Francia gastronómica ata o lumpen proletario de Nova York e os seus steaks, desde xantares pantagruélicos e/ou sofisticados ata o sexo gastronómico e algunha que outra experiencia de supervivencia, desde unha crónica das conversas das ceas ata unha análise da receita do ketchup ou a procura do mellor bagel de Nova York. Un menú degustación do que non acabas farto, vaia.

One Comment

  1. 17 / Xuño/ 2009

    Altamente recomendable. El New Yorker es mi revista favorita, y el número que cada año dedican a la gastronomía, mi favorito entre los favoritos. Tengo la edición electrónica, pero por desgracia es muy poco funcional tanto en CD como online. Compra superrecomendada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará