O Proxecto Natal e o futuro da industria do entretemento

Microsoft convertiuse na estrela do E3, na feira dos videoxogos, con algo grande que a estas alturas xa saiu en todas partes. O Proxecto Natal, un conxunto de dispositivos e software que se implementarán nas consolas XBox 360 de Microsoft, presentado por Spielberg -e é moi sintomático que a compañía contratara ao director para presentar o produto-, supón unha volta de torca enorme ao futuro do entretemento e avanza nesa tendencia que temos comentado xa varias veces aquí: a desaparición gradual do hardware como mecanismo de relación entre humanos e computadoras. O Proxecto Natal será a síntese de varias tecnoloxías de recoñecemento humano que veñen desenvolvéndose nos últimos anos, como se pode ver no vídeo. Unha consola con capacidade para ler os movementos do teu corpo, para recoñecer a túa cara, para comprender a túa voz. Non só desaparece o mando co que xogabas, senón que as propias persoas converterémonos nas interfaces do videoxogos.

As posibilidades son enormes, pero o Proxecto Natal abre varias portas interesantes. En primeiro lugar, en competencia directa coa Wii de Nintendo. Ata o momento, o mercado das consolas estaba dividido entre as de maior potencia computacional, a Playstation 3 e a Xbox 360 e a Wii, que arrasou en segmentos de mercado inexplorados ao demostrar que a interfaz podía ser bastante máis importante que a capacidade de cálculo. Pero agora a Xbox 360 crea un dispositivo capaz de converter o mando da Wii nun xoguete de feria, e deixa a Sony nunha difícil posición. Entre a Playstation 3 e a Xbox 360 había moi poucas diferencias -matices que empregan os partidarios dun ou doutra para argumentar, pero poucos de calado-, ata agora. ¿Como competirá Sony contra este mercado? ¿Abrirá unha nova fronte por outra banda?

Un detalle importante é a pretensión de Microsoft. O Proxecto Natal plasmarase en hardware (un pequeno dispositivo de lectura do contorno ubicado en fronte dos usuarios) e en software (unha actualización das consolas XBox 360 xa existentes). A compañía sepulta así o lanzamento de novos produtos de hardware un par de anos, mentres explota a súa nova interfaz. Considérase que, nestes momentos, estamos nun punto de difícil superación en termos de cálculo e no que a exploración tecnolóxica debera ser horizontal.

E despois de que desaparezan os mandos, cal será o seguinte futuro para o entretemento? Sospeito que a súa consecuencia lóxica: profundizar na inmersión. Se podemos interactuar cun mundo virtual, suponse que poderemos exploralo inmersivamente, virtualmente. Sería unha vía posible. Quen sabe se o camiño de Sony irá por aí.

5 Comments

  1. 3 / Xuño/ 2009

    Só lle vexo un único aínda que gravísimo problema: é de Microsoft. :-)

  2. 3 / Xuño/ 2009

    Sony xa anunciou a súa alternativa, que é unha especie de Wiimando con WiiMotion Plus combinado cunha webcam (de feito, ten toda a pinta de plaxiar a Nintendo). Prométeno para primavera de 2010.

    Quizais o que podemos obxectar ao Proxecto Natal é que non ten datas, pero o seu potencial é grande, non só para os videoxogos, senón coma interface de uso. Nos grandes xogos supoño que tardaremos en ver cousas semellantes porque a CPU da consola está atendendo a cousas importantes, pero en xogos casuais podería arrasar.

  3. estrelas
    3 / Xuño/ 2009

    O proxecto é incrible… pero eu mírolle algunhas pegas… coma sempre dende a perspectiva dos xogadores…

    Unha delas é que os salóns das cidades non están preparados para unha consola que requira certo espazo e liberdade de movementos. Tíñades que escoitar ás nais falar da XXXX Wii. Ao final limitan o momento do xogo ao fin de semá, para poder mover mobles e tal… pero o momento do xogo espontáneo, de botar unha partida “rápida” é de plataformas que non requiren ese modelo de interacción.

    E logo está o gran reto de crear xogos con verdadeiro recorrido… porque os da Wii son sociais e sen interese para calquera xogador que quera entreterse el só.

  4. 3 / Xuño/ 2009

    O do espazo é importante, pero de feito eu creo que non é casual que unha das escenas do vídeo sexa a familia sentada mentres xogan ás carreiras, en plan “isto tamén vale con pouco espazo”. Veremos que dá de si. Tamén teño moito interese en como vai reproducir os movementos de avance polo mundo virtual para transmitir unha impresión “realista”.

    Será interesante tamén saber con que características finais se quedan. Hai tantas variábeis ambientais que parece incríbel que un proxecto así funcione.

  5. Juan Castro
    3 / Xuño/ 2009

    Natal é a revolución de hoxe, igual que o Wii-Mote foi a de hai 3 anos. Pero dentro de 10 anos, alguén sacará de novo un joystick e diremos “¡mira como mola isto, xa non temos que movernos nin dar saltos para xogar!”.

    Como aceptablemente satisfeito dono dunha Wii, penso que estas cousas hai que velas con escepticismo. Prométese moito de inicio e despois non se sabe explotar suficientemente ou a experiencia de xogo non se traslada adecuadamente. Claro que, de momento, promete.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará