Un polvorín humano en Afganistán

Danfung Dennis estivo “incrustado” nunha columna do exército americano en Afganistán. Neste vídeo, recolle a desolación e a ira calada, silente e por veces emerxente da poboación civil afgana polas tácticas de combate contra a guerrilla da 10ª División de Montaña do Exército norteamericana. No vídeo pódese intuír con facilidade o polvorín humano, a carne de reclutamento para a resistencia.

Por certo, a cámara de fotos coa que se realizou o vídeo, unha réflex Canon 5D Mark II cun Sennheiser MKE 400, revela as tremendas potencialidades da gravación en HD que están a ofrecer estes novos modelos de cámara fotográfica. Nos vindeiros anos, dáme a min que estas novas tecnoloxías van modificar considerabelmente o mundo da información e a creación. (vía)

Ver o vídeo

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará