Separándose da pantalla: as futuras interfaces dos ordenadores seremos nós

Estes dous vídeos describen unha tecnoloxía que hoxe por hoxe é bastante precisa e que xa ten aplicacións comerciais (e seguro que se converterá na vindeira incorporación a sistemas de entretemento como as consolas). Como vemos, séguese a tendencia da desaparición do hardware como interfaz (teclados, ratos…) nas nosas relacións cos ordenadores en beneficio de técnicas de recoñecemento do movemento e da posición.

4 Comments

  1. 17 / Maio/ 2009

    Isto é moi Minority Report.
    Non dubido que teña aplicacións comerciais, e videoxogos e presentacións, pero para o que é traballar non lle vexo moita utilidade. Ademáis debe ser moi canso estar todo o día movendo os brazos coma un director de orquesta…

  2. Cástor
    18 / Maio/ 2009

    Está xenial! O/as noso/as pequeno/as xa non se pelexarán con nós para quitarnos o mando da tele, choutarán por diante no salón abrindo e pechando os brazos para cambiarnos de canle!

    Apertas,

  3. 19 / Maio/ 2009

    Relacionado.

    http://www.youtube.com/watch?v=mUdDhWfpqxg

    Gustame imaxinar o partido que se lle sacan a estes avances para turistear. Pero sen dúbida van moito máis alá e supoñen un cambio radical do ser humano de coñecer e acceder á información na súa vida diaria.

    É o sexto sentido. Unha mutación. Como se lle queira chamar. Pero non puiden evitar aplaudir e rir á vez que o fai a xente no video.

    Un saúdo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará