Resaca das Letras’09: unha toma de temperatura á rede en galego

Xa está colgada a web e xa se sabe o programa do Resaca das Letras’09, unha celebración da web e da publicidade en galego que xa vai para converterse nun clásico previo ao Día das Letras Galegas organizada polos alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo en Pontevedra. Desta volta, o 12 de maio, a partir das 11, haberá un relatorio de María Yáñez e unha mesa redonda con Roi Barreira, Anxos García Fonte e Paz Orois, que moderarei eu, titulada “Por diante dos tempos: Evolución e tendencias no uso da Internet en galego”, seguida dunha presentación das campañas de Normalización da Universidade de Vigo. E o día 13 haberá unha gala presentada por Gonzo, con música, unha lección maxistral de Miguel Conde e a entrega dos premios á web galega. Hai un montón de categorías e creo que a elección será a partir dos votos dos internautas. Pódese votar aquí.

2 Comments

  1. 8 / Maio/ 2009

    encantados de telo por aquí o martes! ;)
    verémonos alí

    graciñas por facerlle publicidade :D

  2. 8 / Maio/ 2009

    Un gusto. Xa falamos de vagar en Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará