Curso acelerado de tiraxe de cañas (Estrella Galicia version)

Cheguei tarde e marchei cedo, pero en moi pouquiño tempo rematei o día cunha chea de cousas aprendidas ao redor da miña cervexa favorita, a Estrella Galicia. Acompañados dun mestre cervexeiro de Estrella Galicia, José Luís Olmedo, hoxe asistimos en Santiago a un curso intensivo de cata de cervexas.

Na medida en que Estrella Galicia -que, por certo, é unha das dúas grandes cervexeiras do Estado que aínda non están controladas por multinacionais- ten un rango amplo de produtos para diferentes consumos, puidemos aprender a distinguir os diferentes matices que hai entre cervezas sen alcol, a River Cero -á que incorporan un toque de limón- e que resulta que vén sendo a 1906 quitándolle o alcol-, a HR, que é unha pilsen (a máis habitual no Estado), a especial (que é a que aquí consumimos a caldeiros, máis amarga) e a 1906. O interesante para min foi ver como os catro principais valores que definen a cata da cervexa variaban en función do produto para adaptarse a diferentes consumidores -aínda que a receita básica, comentou Olmedo, case non se pode tocar-.

O momento práctico da xornada foi o Curso Acelerado de Tiraxe de Cañas que nos impartiu Olmedo, e a verdade é que non hai cor entre tirar as cañas ben ou facelo de prisa e a correr. O tema consiste en administrar dous tempos. Un primeiro, inclinando a copa 45º e cargando máis ou menos o 80% do líquido. Nese momento, hai que pechar a espita rápido, parar un momento, poñer a copa en vertical e volver abrir a espita para botar a espuma que completa a caña. Todo sairá ben se un consegue tres capas de escuma: unha “nebulosa” na zona inferior, semitransparente, unha intermedia con burbulla fina e a superior de burbulla grosa. Como isto parecen as Instrucciones para subir una escalera de Cortázar, case mellor que volo explique o Mestre Cervexeiro:

Eu tamén probei, pero coa destreza manual que me caracteriza, creo que me vou especializar mellor na Máquina de Creación de Escuma da Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa.

Tes outra perspectiva sobre a técnica en Colineta.

11 Comments

  1. 29 / Abril/ 2009

    Pues bien Gago. Espero que en fechas próximas nos deleites con tu nueva destreza.
    Estaría bien, ahora que llega el buen tiempo, tener un barril y un enfriador en casa y practicar. Si CCC propusiera un curso de estos a distancia se forraba……….. :P

  2. 29 / Abril/ 2009

    Pingue, lo de hablar de mi “destreza” era retranca gallega. :-)

  3. 29 / Abril/ 2009

    Ya, ya. Jajajajja
    Lo mío creo que también. ;)

  4. 29 / Abril/ 2009

    Anda, y a mi que me tienen explicado lo contrario. Que cosas.!!

    Lo que yo entendí más o menos es lo que cuenta este señor en cuanto a la espuma pero la diferencia es que la copa ni 45º ni leches, si no que quietecita a pie de grifo, no sé si me explico…apoyada en la base metálica a pie de grifo. Aunque supongo que como otras muchas cosas, lo mismo hay diferentes formas de hacerlo bien.

    Milu.

  5. 29 / Abril/ 2009

    Como aficionado (e consumidor) e consumidor de cervexa teño que discrepar sobre a calidade dos productos da súa marca preferida. Fai ben anos, que Estrella Galicia non acada un mínimo de calidade nos seus produtos para poder competir nun mercado europeo. Outra cousa é o mercado español, onde tanto ten unha pilsen coma unha de trigo… todas con gaseosa!
    Entre os meus amigos é común o dito de que si bebes estrella doerache a cabeza o día seguinte. Eu intuio que non ten o tempo de maduración que debe ter. Cando nos devolvan a Estrella de siempre…

  6. 29 / Abril/ 2009

    Seve, lamento discrepar. Para o meu gusto Estrella Galicia segue a ser unha cervexa de primeirísima calidade, pero non se poden comprar produtos diferentes. Una cousa son as cervexas de baixa fermentación e outras as de alta. Unha cousa son asl “lager” e outras al “ale”. Ninguén compara un viño branco cun tinto, por moito que ambos sexan viño.
    Pingue, Gago demostró destreza de la buena tirando una caña, y sino mira el video de Colineta y compruébalo.

  7. 29 / Abril/ 2009

    Si, Seve, eu tampouco estou moi de acordo; xa levo bebido uns cantos litros de Estrella e doutras cervexas europeas, e a Estrella ségueme a parecer unha gran competidora. E dígoche máis: cando vén por aquí de visita xente do norte de Europa a Estrella adoita funcionar de marabilla, moitas veces mellor con xente de Alemaña ou Escocia que con outra do sur de España…

  8. jh
    29 / Abril/ 2009

    nos pubs irlandeses de irlanda adoitan medi-la destreza do camareiro pola cervexa que desperdicia e se deposita no soporte do grifo ó final do día (non teñen desagüe).
    imaxino que a técnica que amosa o home do vídeo valerá para un tipo determinado de cervexas, non todas. a guinness, sin ir máis lonxe, sírvese en dúas fases.

  9. Alberto
    29 / Abril/ 2009

    Desde luego para mi 1906 es de las mejores cervezas que he tomado de su tipo (y en la valoración incluyo calidad/precio). La propia Estrella de Galicia es deliciosa comparada con otras de mas renombre, y que aún no entiendo como tienen tanta aceptación fuera de España.

  10. breogam
    30 / Abril/ 2009

    Pois para mín a estrela non é unha marabilla a cantidade de adxuntos que ten de baixo custo, como o millo, é moito máis alto que noutras lagers estatais e se anadades chungos do estómago despois de beber unhas cantas estrelas notaredelo máis que con outras cervexas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará