Last updated on 28 / Abril/ 2009
Eu parto da base de que, entre o universo de marcas vinícolas, hai viños para ligar™ e viños easy drinking™, e así os etiqueto en The Wine Codex. El Sequé 2006, unha pequena xoia que ten a adega Artadi en Alicante, é un exemplo do primero caso. Plena expresión da uva monastrell, é un viño complexo, que se move pola boca sedoso, ofrecendo sofisticadas notas de froita negra e esa estraña calor que identifica aos viños das secas ribeiras mediterráneas. Un viño para acompañarte nunha conversa enxeñosa, que se mantén na túa boca e que ofrece unha nariz balsámica e un retrogusto ao que lle vai ben un xantar lento e pleno en sabores da terra.
Vale sobre 19 euros. Ligas seguro, eh?
PostPost: o do ™, obviamente, é cachondeo.
Grazas, Antonio! (precisión: non quería ligar comigo)
De feito non imaxinei esta face sua.
Seguirei de preto esta clasificación do The Wine Codex.