Fluorescentes rosa para desvelar o acné adolescente

A última moda nas urbanizacións do Reino Unido está nun método bastante peculiar de repeler concentracións de adolescentes. A través duns tubos fluorescentes que proxectan cor rosa conseguen que os adolescentes marchen do barrio pola noite cara outro lugar con rapidez. Aínda que se considerou adoito o rosa como unha cor relaxante, o propósito é aínda máis pragmático: resulta que esa cor desvela con facilidade os problemas da pel e, especialmente, o acné da cara dos mociños e mociñas, facendo que o lugar non resulte demasiado atractivo para lerchear.

Malia o enxeño da medida, propia dun programa de humor, o truco dos fluorescentes rosa ten bastante chicha da negativa: faite pensar en como as sociedades tenden a xestionar á brava determinados problemas (¿botellón?¿vandalismo?), tratando os problemas da súa propia mocidade como algo externo, coma se fora un ataque de parásitos a unha plantación.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará