Capítulo 0, mellor blog de Santiago e Comarca

Last updated on 24 / Marzo/ 2009

¡Estou que non rexo! Capítulo 0 e o blogueiro que está detrás, ou sexa, este que vos escribe, foron escollidos Mellor Blog e Blogger de Santiago de Compostela e Comarca polo semanario Santiago Siete. En segunda e terceira posición, respectivamente, quedaron A Regueifa, de Noel Feáns e Ultrasónica, de Xavier Valiño.

Para realizar a escolla entre os 57 blogs que localizaron da cidade contaron cun xurado moi diversificado integrado por Tim Redford (director do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto), Berto Yáñez (desenvolvedor web), Belén Baños (xornalista de A Galega), Laura Otón (xornalista da COPE), Jesús Bastante (escritor e xornalista. Redactor xefe de Religión Digital), Iván Puentes (alcalde de Fene), Javi Camino (curtametraxista), Renato Landeira (director de Santiagosiete), Chelo Suárez (responsable de comunicación de Multiusos Fonte do Sar), Guille Fernández (músico de Berrogüetto e Espido), Yolanda Castaño (escritora) e Víctor Neira (músico, vocalista de Ruxe Ruxe). Entre os dez blogs mellor valorados, por certo, outro blogastrónomo: o Gourmet de Provincias. Desde aquí os meus parabéns!

¿E que dicir? Pois que me sinto moi honrado, e moi contento. De algún xeito, ser designado para un premio ou un recoñecemento da cidade na que escolliches vivir é o mellor dos premios que se poden recibir, así de claro. E, agás outros certames locais que descoñeza, debe ser o primeiro premio convocado e concedido publicamente a un blog en Galicia (a AELG xa ten tamén finalistas ao mellor blog literario). Recibilo é unha grande honra, xa que logo. Os premios tamén teñen outra verquente: énchente de responsabilidade co que escribes. Un pensa que escribe en solitario, con noturnidade e alevosía, e resulta que te le moita xente á que nunca lle viches a cara. ¿Como escribir sabéndoo? De principio, os xornalistas deberiamos estar acostumados a escribir para os descoñecidos. Pero o blog é un soporte moi quente. Moito máis intenso que a prensa convencional. Ningún lector de Capítulo 0 é exactamente un descoñecido.

Hai unha cousa moi, moi importante nisto, e que é de xustiza recoñecer. Este blog non sería, desde logo, o que é sen a contribución de amigos e achegados nel; a edición gráfica non tería a calidade que busco se non contara coa contribución desinteresada de Soledad Felloza, a miña parella, que realiza as excelentes fotografías de campo e cada día a vedes, vós e máis eu, mellorar máis. Pero tamén está o contributo do meu irmán, dos meus amigos, de compañeiros blogueiros, da familia e dos lectores que xenerosamente vos embarcades nas miñas aventuras, liadas, exploracións, camiños, lecturas, proxectos: abrides novos, aturades as pequenas molestias da gravación, da fotografía, da documentación para o público, suxerides outros novos. Capítulo 0 é o blog de Manuel Gago, pero tamén de vós, e de toda a xente que me cruzo nas aldeas, nas cidades de Galicia e do mundo, e que responde á miña curiosidade cun sorriso. Tomo prestado o lema co que Cory Doctorow define Boing Boing!: Un directorio de cousas marabillosas. Pois iso, Capítulo 0 quere ser unha pequena liña de vida na que se disfrute e se asombre do fascinante ten o mundo que nos rodea.

Moitas, moitísimas grazas a Santiago Siete e ao xurado por terme escollido. De todo corazón.

49 Comments

  1. 23 / Marzo/ 2009

    Pues ENHORABUENA!! Unas semanas atrás me encontré con que mi blog participaba en este concurso, les pregunté como habían llegado hasta mí porque mi blog es de tipo personal y no pensé que fuera a interesar a nadie más que a mis amigos y familiares. La verdad es que el contador de visitas dió un tremendo subidón y sobre todo aumentaron los comentarios. Así da gusto, porque metieron en la lista blogs de diferentes ideologías y tipos y parece que uno no visitamos a oros, lo que hizo que a veces existieran pequeños debates y que se expusieran diferente puntos de vista sobre temas de política o actualidad y siempre con un maravilloso respeto hacia las ideas planteadas por los demás.
    Lo dcho, enhorabuena a tí por ser el mejor blog de la comarca!! Y a SantiagoSiete por la iniciativa.
    Pasaré a verte a menudo. Un saludo.
    (Por cierto, me encantan las fotografías, enhorabuena también a Sole la autora. Qué sería de nosotros los blogguers sin poder ilustrar los textos?)

  2. 23 / Marzo/ 2009

    A comarca de Santiago debe coincidir máis ou menos coa antiga Gallaecia e máis alá. Noraboa moi merecida.

  3. 23 / Marzo/ 2009

    Pois haí van algúns eloxios do xurado a Capítulo 0:

    Combinación equilibrada de información, formación e diversión. Rigor na elección de temas de actualidade e no xeito de tratalos pero apostando por guiar cada presentación cun estilo e dose de valoración propia do autor, sen chegar á valoración, abrindo ás portas ao pensamento dos lectores. Calidade unida á cantidade. Traballo para adxuntar a maior cantidade de temáticas posibles de xeito organizado, claro, visual, pero moi rigoroso. 5/5 (Belén Baños, A Galega).
    ——-
    Un blog redondo, que toca una gran cantidad de temas con gran calidad. Muy actualizado, primando la experiencia vital y personal del autor y sus opiniones y hallazgos. Contenidos absolutamente originales creados para el blog mezclados con referencias culturales de este siglo. Aporta muchos recursos y enriquece al lector. Un precioso diseño, con muchos elementos y al mismo tiempo limpio y nada confuso. Imprescindible. 5/5 (Iván Puentes, alcalde de Fene y blogger)
    ——-
    Interese, autenticidade, sinceridade, honestidade, respecto e agarimo nos contidos. Redacción sinxela e tendente á síntese pero á vez pulcra, documentada, contrastada, enriquecida dende unha nobre subxectividade e intelixente; á vez, a diversidade que amosa difire do aparente monotematismo salferíndoa de aspectos colaterais, novos, secundarios ou sorprendentes. Especial valoración ao feito de estar redactado nun correcto e máis que fermoso galego. A súa orixinalidade vén aquí da man do enfoque, do ton con frecuencia respectuoso e técnico pero á vez desenfadado e da introducción de temáticas secundarias que sorprenden, refrescan e estimulan ao lector/a. A recorrentísima presenza de gadgets enriquece de igual xeito o blog: vídeos, documentos sonoros, imaxes en toda entrada diversifican dende o punto de vista técnico o espazo e fanno ameno e rico en códigos expresivos. O anonimato non é unha opción para este autor que dá a cara, o criterio e referencias reais en todo momento, nun excelente traballo que estamos seguros de que lle implicará un comprometido, rigoroso e esforzado traballo diario de crónica, deseño, mantemento, opinión e orixinalidade. 5/5 (Yolanda Castaño, escritora)
    ——
    Un blog muy completo, con una gran actualización, excelente redacción con temas interesantes que dan rienda suelta a inquietudes del autor que fácilmente enganchan con el lector. No abusa de los gadgets pero los utiliza puntualmente bien. 4/5 (Laura Otón, COPE).

    Máis sorpresas este venres en Santiagosiete.

  4. lui_c
    23 / Marzo/ 2009

    De nuevo, enhorabuena. A tí, por un premio muy merecido, y a los miembros del jurado de Santiagosiete, por darse cuenta.

  5. C. Solla
    23 / Marzo/ 2009

    Parabéns, caro amigo. Es ben merecente de tal consideración. Unha aperta.

  6. burelao
    23 / Marzo/ 2009

    Que beeen! Noraboa! Paréceme a min que dende que se abriu a tempada de trofeos arrasas, M. Non vai quedar especimen solto na ampla chaira galardonística!
    Parabens

  7. 23 / Marzo/ 2009

    Alégrocheme ben, Manolo. Se non che deron un premio antes, ía sendo hora de que che desen un, polo mérito que ten o teu traballo -por outra banda, insisto, desinteresado e sen ánimo de lucro-.

    Por certo, conta conque tamén é un galardón para os teus lectores, por aquilo da escolleita; a partir de agora, teremos que sentirnos tamén distinguidos pola elección que facemos cada día toda vez que cliqueamos Capítulo 0.

  8. 23 / Marzo/ 2009

    Nunha votación aberta, tamén apostaría por capítulo O…
    Parabéns, meu.

  9. 23 / Marzo/ 2009

    Parabéns. Sen máis. Xa sabes que me alegro e xa sabes dos motivos.

  10. Xabrés da teixeira
    23 / Marzo/ 2009

    Parabens, dun seguidor irredento.

  11. 23 / Marzo/ 2009

    Manolo Gago, O rey do blog.
    Parabéns. Tamén a Jorge, Gourmet de Provincias.

  12. Cubeliños.
    23 / Marzo/ 2009

    Dende a capital do Barbanza, parabéns veciño!!!!!.
    Sigue neste rumbo… a travesía é ben fermosa….
    Traslada o saúdo a toda a tripulación….
    Vai a dorna vento en pooopaaa!!!!.

  13. 24 / Marzo/ 2009

    Acabo de enterarme e estou contentísima por ti, porque nos enches de información a aqueles que andamos perdidos no mundo.
    Creo que este galardón será o principio dunha fermosa historia e pon de significancia o mundo blogger que tanto reivindicas.

    Parabéns tamén a Sole, porque eu enamórome cada día coas súas fotos e realmente fan deste espacio un lugar agradable tamén á vista.

    Síntome orgullosa de coñecerte e se estivera preto guiñaríate un ollo e daríate unha aperta do máis sentido.

    Mañá amencerás dun xeito novo . O bloggismo xa ten líder. Somentes queda esperar á arenga e marchar tras ti.

    Muacs máis doces que nunca.

  14. césar
    24 / Marzo/ 2009

    ´Noraboa Manolo, noraboa Jorge polo éxito acadado. Si xa é unha ledicia leervos, moito máis é disfrutar da vosa amizade
    Seguide así, parabéns

  15. 24 / Marzo/ 2009

    Felisidades!! Alégrome moito! Para min este premio non é máis que unha pequena confirmación do que moita xente pensamos… e tamén cremos que é un pequeno paso para alguén que sabemos ten moitísimo por ensinar e aportarnos a todos.
    Coincido contigo meu, tes unha grande responsabilidade, pero é pouca para as túas capacidades. Estou moi orgulloso de ti, xa o sabes.

  16. 24 / Marzo/ 2009

    Ei, moitas grazas a todos. Desde aquí douvos unha aperta moi agarimosa, por seguirdes Capítulo 0 a diario. Vémonos nestas liñas sempre que queirades.

    Berta, a blogosfera non precisa líderes! :-)

  17. 24 / Marzo/ 2009

    Se es o mellor de Galicia o premio é bastante obvio, pero eu diria máis, creo que dentro dos do estado tamén terias un lugar privilexiado, sabendo de antemán que hai moito e bon.

  18. 24 / Marzo/ 2009

    Grandes parabéns! A Sole tamén, desde logo.
    Non reitero os comentarios sobre os límites cartográficos do premio. Asúmoos e amplíoos até onde faga falta. Capítulo 0 é unha enciclopedia da sensibilidade e da alegría de vivir. Iso tamén se agradece moito.

  19. 24 / Marzo/ 2009

    Ola, Capítulo O (ou, gago.sole). Parabéns e parabéns, ben merecidos, por cociñardes con saber de altos fogóns e frescura de restaurante de mercado esta receita terciada (gastronomía, cultura e tecnoloxía-comunicación). A pregunta que queda por responder é: en que consiste o premio…? Deica!

  20. 24 / Marzo/ 2009

    Helena, nunhas palmadiñas nas costas. Non dá nin para pagar unha cea de celebración :-)

  21. 24 / Marzo/ 2009

    A miña máis sentida noraboa! Xa tardaba. Dende logo non había un blog que mesturase de xeito tan claro e ameno distintos eidos do cotiá e da cultura de Galicia, e ademais sempre actualizado. Noraboa!

  22. 24 / Marzo/ 2009

    Manu parábens noraboa moi merecida, a Solé tamén.¡¡¡

  23. PabloV
    24 / Marzo/ 2009

    xa sabía eu que escollía ben cando hai xa un tempo e probando coas rss escollín esta cousa para me me dar unha bafarada de aire fresco de cando en cando :D

    gostei da “enciclopedia da sensibilidade e da alegría de vivir” que decía

  24. 24 / Marzo/ 2009

    Entre os agradecimentos boto em falta os alunos… será que vão incluídos nos amigos ;-)?

    Muitos parabéns!!

    (Por certo: quantos posts levas já???).

  25. A Angustia
    24 / Marzo/ 2009

    Parabens vecinho.
    Moi ,moi merecido .
    Agora seguir que o mellor de ti ainda esta por vir.

  26. Merecido
    24 / Marzo/ 2009

    O mellor blog galego con diferenza ( con respeto ós demais) , Parabéns dende Redondela .

  27. Juan Castro
    24 / Marzo/ 2009

    Noraboa!

  28. carlos
    24 / Marzo/ 2009

    Eso de que é o mellor blog galego xa o sabiamos os seus lectores. O meu premio para o home da pirajua,xa vostede o sabe, é incrustalo na nómina de atenienses. Sole no te preocupes , detras de un gran hombre hay una gran mujer.

  29. 24 / Marzo/ 2009

    … pois se o premio é o recoñecemento, benvido, que nunca sobra un pé novo de loureiro na porta, agora, aínda que este blog tan sachadiño sexa virtual ten detrás unha criatura híbrida de catro mans que tamén quere mantenza. Chocolates virtuais á altura de gago.sole; por exemplo, a serie sistema solar de Rovira.

  30. 24 / Marzo/ 2009

    Des de Barcelona, muchas felicidades!! Bien merecido!!

  31. 24 / Marzo/ 2009

    Felicidades!!! Sen dúbida un dos mellores blogs galegos.

  32. 24 / Marzo/ 2009

    Noraboa, xusto e merecido…

    Felicitacións sobre todo para tí, para os gañadores e de maneira tamén especial para Gourmet…

    ¡Unha aperta!

  33. 24 / Marzo/ 2009

    Parabéns,
    vas en moto… e non o digo figuradamente,
    vémonos

  34. 24 / Marzo/ 2009

    Concordo con arume, a comarca de Santiago debe coincidir con Galiza enteira, máis ou menos. Parabéns!!!!

  35. 24 / Marzo/ 2009

    Galeguzo, aos alumnos e ex-alumnos tamén, por suposto!

    Pois en concreto están publicados a día de hoxe 3095 posts en Capítulo 0.

    Grazas a todas e todos, de novo!

  36. 24 / Marzo/ 2009

    3.095!! Que barbaridade!! :)

  37. Xurxo Ayán
    24 / Marzo/ 2009

    Noraboa Manuel, aínda que non o pretendes, todos sabemos que ninguén é profeta na súa terra, e este tipo de premios son os que dan idea do que vales e representas. Pasar un día se abrir capítulo O é como ver o solpor con gafas de sol.

  38. Outro Xurxo
    24 / Marzo/ 2009

    Noraboa rapaz. Segue asi. Merecelo. Extendello a Sole tamén.

  39. 24 / Marzo/ 2009

    Como che deixer caer o outro día, creo que o teu blog é o mellor de Galicia. A miña noraboa dende a maior das admiracións!

  40. lapatianco
    24 / Marzo/ 2009

    Simplemente: Noraboa. O deixares os ollos na pantalla e os dedos gastados no teclado tiña que ter un premio.

  41. 25 / Marzo/ 2009

    Hai que actualizar o que lle comentaba a Helena sobre o premio. A xente de Santiago Sete deume un marabilloso agasallo: unha cuca Casio Exilim que penso empregar para facer, xa volo adianto, experimentos en vídeo para Capítulo 0. Todo queda en casa.

  42. lughaid
    25 / Marzo/ 2009

    Felicidades, Manuel, vai unha aperta : – )

  43. 25 / Marzo/ 2009

    Só poñemos unha chata: se ousáramos botarlle só unha ollada a cada unha das ligazóns que tes no “bloglines” pasaríamos tempo esquencido.
    Xa puxemos onte referencia ao premio e nos sumamos aos parabéns. Esperamos que o luns nos contes o secreto deste blog. De novo, noraboa!

  44. 26 / Marzo/ 2009

    Parabéns Manuel, eu sempre digo que o traballo continuado e lúcido sempre ramata por brilar, dende logo iste é un caso.

  45. Moncho
    27 / Marzo/ 2009

    Pois, coma sempre, chego tarde… Pero felicidades Manuel!! (Non podía ser doutra maneira, todo sexa dito… :-D)
    Comecei seguindo o teu blog pola miña afición á “arqueoloxía amateur”, pero a día de hoxe tenme enganchado en todo tipo de entradas que publicas.
    De novo, moitas felicidades!

  46. José Antonio Liñares
    27 / Marzo/ 2009

    Todo parece fluir sen atrancos, coma se dun divertimento se tratase. Notas, ideas, miradas, reflexións, paisaxes…
    De seguro que detrás de todo isto hai un grande esforzo e un traballo riguroso, aínda que non o parece. Quizáis este sexa un dos segredos.
    En calquera caso Manolo, ti tes un don.

    Grazas e parabéns.

    Por suposto tamén para Jorge “gourmet”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará