¡Ninjas na Costa da Morte!

Alucinando me quedei cando vin o post no blog de Marcus. O novo número 116 da mítica serie do superheroe de Marvel Daredevil acontece por completo na Costa da Morte e está comercializado, por agora, en inglés. Guionizado por Ed Brubaker e ilustrado por David Aja, que é o artífice de que toda a historia ocorra aquí, o vilán Kingpin está casado na Costa da Morte. Falei con David pola tarde e explicoumo para culturagalega.org. A algunha indeterminada vila desta costa chegará un grupo de ninjas dispostos a asasinalo…Non falta, por suposto, a Estrella Galicia. Aquí se poden ver máis páxinas galegas do Daredevil.

4 Comments

  1. 17 / Marzo/ 2009

    Sempre foi un dos meus favoritos, un superheroe vulnerable e discapacitado cunha torturada vida afectiva, un Kingpin con matices e contradiccións…
    Hai moito tempo que non o leo, pero a narración visual, e o guión das historias era do mellorciño do mundo marvel.
    A muller do Kingpin, dáselle un aire á atractiva traductora Mona Imai ;)
    En que restaurante da comarca comeran os ninjas?

  2. 17 / Marzo/ 2009

    Unha mágoa que na historia non aparecese tamén El Zorro e uns piratas para que fose un auténtico supervendas ;)
    Vese que o cómic está a causar furor. Eu xa estou pensando en volver a coleccionar Daredevil (deixei a serie cando pasou por unha tempada sumamente frouxa), aínda que sexa só a saga de Lady Bullseye (que empeza en maio e levará ás páxinas de David Aja).

  3. 18 / Marzo/ 2009

    Caralluda, agardo que saia pronto por eiqui…e que poida mercalo :) Saúdos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará