A Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes: a posta en valor da tradición labradora

A Casa do Queixo [T: 650955260 / localización] é todo un curioso complexo ubicado no Casal de Abaixo, unha aldeíña de Sobrado dos Monxes. Dentro está a Queixería Brexeo, espazos para nenos e visitas escolares, coma un zoo-granxa de animais domésticos, un albergue, terras de labranza, un pequeno museo-tenda ao redor da actividade leiteira e agrícola, tal como se entende en Sobrado dos Monxes. O restaurante permite apreciar especialidades locais, coma o queixo curado, o capón ou, no noso caso, unha estupenda laconada de tempada, seguida de filloas recheas. Non está nada mal e, hoxe, domingo, insólitamente cheo para o distanciado que está dos núcleos urbanos. Con cervexa e auga, sobre 16 euros por cabeza.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará