Dous polo prezo dun: o cruceiro-miliario en Sobrado dos Monxes

En cada viaxe sempre, sempre, hai algo que aprender. Vaia sorpresa que levamos cando pasando preto de Pereiro de Arriba, antes de chegar á Capela Armada, en Sobrado dos Monxes, atopamos este cruceiro vellísimo colocado ¡sobre un miliario romano! A primeira vez que vexo tal cousa. A xente da zona falounos dun camiño moi antigo que pasaba por alí e do que aínda quedan trazas despois do cruce actual de estradas, seica. Na medida en que puidemos, xa que podedes observar o delicado xardín que o rodea, tentamos atopar algunha inscrición, pero parece pertencer ao grupo dos anepígrafes, dos miliarios sen texto gravado; sen embargo, pola parte de atrás hai algún tipo de figura gravada (podería ser unha serpe, tería lóxica tratándose dun cruceiro). Por certo, acabo de comprobar no tocho monumental de Rodríguez Colmenero sobre miliarios de Galicia e non parece estar documentado aí.

Sobrado, sempre unha caixa de sorpresas. Aquí está a localización.

4 Comments

  1. Xabrés da teixeira
    16 / Marzo/ 2009

    Home, ó mellor non era un miliario.
    De todolos xeitos, habería que ter en conta a teima da igrexa romana por asimilar todo aquelo, que segun ela, era bárbaro, xeito de decir que non pensaban o mesmo.
    Eu, que son un simple afecionado o mundo castrexo, e prerrománico, teño visto cruces en lugares bastante raros, por non decir outra cousa
    mais dura.
    ¡Cosas veredes, amigo Sancho!.
    Apertas.

  2. 16 / Marzo/ 2009

    Era, era ao 95%. A morfoloxía do fuste é inequívoca no rexistro arqueolóxico ou patrimonial galego.

  3. Brigantium
    20 / Abril/ 2010

    Dende logo queda en liña recta co campamento romano da Cidadela (á esquerda), así que igual pertencia a via de Lucus a Brigantium??

  4. isaac
    30 / Novembro/ 2018

    Tes un pequeno erro na ubicación, está en 43.070582, -7.979363

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará