Como iTunes se está a quedar vello

Eduardo Arcos en ALT1040:

Después de la experiencia de la disponibilidad semi-absoluta de música [con Spotify], iTunes es como tener un archivo de algunas páginas web guardadas en el disco duro y Spotify es como abrir el navegador cuando estás conectado a internet: tienes casi todo a tu disposición.

3 Comments

  1. Juan Castro
    12 / Marzo/ 2009

    ¿Refírese a iTunes reproductor/organizador ou ó iTunes que serve de acceso á compra de música? Porque neste último caso, iTunes xoga coa ilusión de propiedade, todavía moi arraigada (e útil), sobre todo nunha sociedade na que o hábito de compartir é aínda menos ubicuo que Internet.

    De momento, non vexo problema para que coexistan os dous modelos, e incluso creo que Spotify é beneficioso para as tendas virtuais de música, na medida en que expanden os horizontes e a cultura musical dos usuarios. E iso, á medio-largo prazo, ten un efecto positivo na industria.

    De todos modos, o impacto de Spotify vai ser bestial. Se Apple, Nokia ou Amazon teñen algo de perspectiva non deberían tardar en reciclar as súas tendas a modelos de tarifa plana, onde pagas X por escoitar o catálogo en streaming e X+Y para poder ademais descargar as cancións que queiras escoitar no coche, na rúa, no ximnasio…

  2. 15 / Marzo/ 2009

    ¿Spotify vai ser bestial? Amigo Juan, espero que che encanten os anuncios de Telepizza que atacan continuamente. E isto só e o comenzo, tal coma dís ‘vai ser bestial’.

    Logo podemos falar un bó rato da fantástica representación musical que hai en Spotify: Bota unha ollada ós discos que teñen dos “Beatles” ou de “Led Zeppelin”. ¿A que non sabías que había tantas versións karaoke? En case todos os outros grupos coma por exemplo os “Kinks” podes disfrutar da clásica recopilación de cancións.

    Recopilatorios de estes de serie media hai a patadas. (Mira por exemplo no caso de DEVO, que só teñen os discos en edición doble). Ou por exemplo o de que só teñan o “Kid A” de Radiohead. (Iso sí, moi bó criterio que teñan precisamente o “Kid A”).

    Así que surfear por Spotify ven sendo coma perder unha tarde mirando discos na sección de series medias no hipermercado. Divertido, cheo de sorpresas, pero non completamente satisfactorio (e con moita publicidade de fondo).

    Ainda así teño que admitir que son un usuario bastante asiduo de Spotify (namentres de aturado os anuncios). De momento aparte de entretido, teño feito algún interesante achádego musical (Kishore Kumar, Yellowman, Goblin ou unha canción titulada “Nucleo Antirapina”).

    Pero de ahí a entusiasmarme con esto…. xa digo, coma sega a publicidade tan presente pode que eu canse del e o mande a paseo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará