A conexión italiana


Foto: Sole

Tras cumprirmos coas obrigas cidadás (de múltiples xeitos e non só electorais, mañá saberedes algo máis), marchamos para o restaurante Galileo de Flavio Morganti, en Pereiro de Aguiar, previo paso pola fábrica de Marrón Glacé de José Posada, a celebrar unha nova Xantanza de Blogastrónomos. Mañá contaremos a historia en detalle, pero avanzo esta foto, esta foto xenial. Aquí vemos ao cociñeiro Flavio Morganti, un pouco descolocado, e a un fato de blogastrónomos, observando algún misterioso obxecto por riba das árbores do xardín, tralo xantar. Gústame esta foto. E gústanme estes sorrisos. Mañá máis. Hoxe, xa me chegou.

A todo isto, aínda que pareza unha xuntanza de machos de txoko vasco, tamén había mozas na Xantanza, pero non sei onde se meteron!

3 Comments

  1. 2 / Marzo/ 2009

    Uy, pero si está Antonio!! ajajajja

    No sabe este hombre de vinos “ni na”!!

    Milu.

  2. 3 / Marzo/ 2009

    Anda, conocía su blog pero no sabía que era él. Qué bueno!!

    Milu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará