Case me convence

Impresionante o programa que ten o xesuita Jorge Loring nun canal norteamericano. Se tiñas algunha dúbida sobre a existencia e a formación do Universo, o Padre Jorge vaicho explicar recuperando o que din os mellores “astrólogos”. Vía o moi recomendábel Public Archaeology.

5 Comments

  1. 27 / Febreiro/ 2009

    Percíbase a retranca do título, plix.

  2. Juan Castro
    27 / Febreiro/ 2009

    Pois que queres que che diga, a min, se non me convence co discurso, faino coa escenografía (que está a punto de cargarse un par de veces…).

    Eu quédome coa afición de San Pedro por ese hobby italiano de coleccionar moedas “de toda Europa” (que pensaría este home do Euro?) e coa rotunda e xenial afirmación de que “la Arqueología demuestra que la Iglesia Católica es la única fundada por Cristo y, por lo tanto, la única verdadera”.

  3. 27 / Febreiro/ 2009

    Aissss, triste….moi triste, de certo a min non me fai ningunha gracía, o home cre o que dí pero…dame que ten ben pouca base cientifica…eino comprobar XD Saúdos e apertas

  4. lapatianco
    28 / Febreiro/ 2009

    Home, é que hai que pensar que isto vai dirixido ó público americano, inda que por Europa e a Península imos dereitiños cara esa, chamémoslle “educación pública de ignorantes sen criterio”.
    Todo o que fala non son máis ca unha cadea de especie de silogismos falsos. Sobre todo porque parte das mesmas premisas expostas son falsas. O malo é que moitos ignorantes o tomen como un método deductivo correcto.
    Con tanto “millo de información” á que temos acceso hoxe en día non me extraña que a moitos lles sexa dificil distinguir o gran da palla, sobre todo porque a xente non ten tempo de andar debullando nela.
    Seguro que os de Hazte Oír, esa orgnacización-secta extremadamente perigosa para a sociedade, o poñen polas nubes como “dogma de fe”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará