Aquí, uns amigos


Fotos: Sole

Pepe Solla, de Casa Solla e Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira, foron os dous representantes da cociña galega no Fórum Gastronómico de Girona. A min estes dous parécenme uns cachondos. Nos dous obradoiros que impartiron, ensinaron ao público catalán, como se se atoparan na súa casa, o mellor da cociña galega e as súas interpretacións, que nunca alteran ou transforman o produto. Empanadas e mexilóns que servían eles mesmos ao público entre chistes, chiscadelas e recordos de infancia, como se non estiveran nun dos principais eventos gastronómicos do Estado. Xosé fixo, por exemplo, uns mexilóns cunha escuma de cervexa, homenaxe a cando ía co seu pai e tíos a pescar ás bateas cunha neveira chea de cervexas. Cousas así. Cociñeiros cun gran dominio da técnica que saben convertela nalgo próximo, desdramatizala e moverse sen separarse moito das raíces que os vinculan ao seu espazo vital. Bo rollo en estado puro.

Gústame a foto que abre o post, porque expresa o que son. Uns amigos.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará