Fórum Gastronómico: unha visión sobre a crise


Panorámica dunha das áreas expositivas. Foto: Fórum Gastronómico.

Girona é unha cidade de gourmets. Nalgún colmado da cidade vella un atópase de repente un Petrus de cento e pico anos no escaparate, ou nun bistró rematan a cea sacando un impresionante Dr. Burklin-Wolf do 1998 coma se nada. O Fórum Gastronómico desta cidade é, nesta edición, moitísimo máis grande que o anterior de Santiago -aínda que Santiago multiplicará o seu espazo expositivo levando a Feira a Amio no 2010-. Pero este ateigamento de xente, este bulir, é espectacular nos momentos de delicada situación económica na que nos atopamos. Pregúntolle a Pep Palau, codirector do Fórum, como está a afectar a crise. “Medramos”, asegura, “pero non foi doado. Houbo que traballar moito para convencer”. Ver unha feira deste calibre, dedicada á exaltación da gastronomía como feito cultural ou económico, con esta enorme vitalidade malia as negras perspectivas económicas que se anuncian para o 2009 ou 2010 resulta intrigante, e fai pensar en cal debe ser a actitude das empresas do sector ante a crise: replegarse cautamente ou optar por unha estratexia de visibilidade, agora que todo se mira con cautela. Falo con algúns expositores. “Eu non vou esperar quieto”, asegúrame un.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará