A Casa do Romualdo: unha boa base para explorar o norte da Ribeira Sacra


Antiga eira da Casa Romualdo co retablo á dereita. Fotos: Sole

Encántame a arte popular dos canteiros de Chantada e da Galicia central. Un atopa neles unha prodixiosa continuidade en dous mil anos de escultura popular, entre a cara do Guerreiro castrexo de Ralle (que non desapareceu, por certo), os petos de ánimas, e as tumbas de primeiros do XX.

Na Casa de Romualdo, en Taboada (Lugo), a familia conservou un impresionante e único retablo, colocado durante un cruceiro, que durante séculos estivo na eira da casa. É un caso case único en Galicia. O retablo aguantou a policromía orixinal por mor de que estivo protexido por un tellado. Agora, o cruceiro sostén o tellado da aira, hoxe convertida no espazo común desta fermosa casa de turismo rural do sur de Lugo desde a que exploramos o norte da Ribeira Sacra. E vaia se o é. Co selo Q de calidade turística, a casa combina unha atención excelente, gusto polos detalliños chulos, unha boa cociña (troitas con xamón, rabo de tenreira estofado…), un espazo precioso, cheo de libros e amor polo patrimonio local, xunto coa boa conversa dos seus propietarios. Todo isto a uns prezos moi competitivos: 58 euros noite, 4’90 euros o almorzo e 16 euros a cea.

¿Pero falabamos dun retablo curioso, verdade? Parecería mexicano, pero é arte popular galega, enraizada na sociedade tradicional e nos cultos relixosos labregos. Sol, Lúa, estrelas, santos devotos, e o curioso pasaxe da fuxida a Exipto. E, por certo, para liala máis, sostendo parte do retablo había o que debe ser un ara romana.


Detalle do retablo

Antes de ir durmir, subo a galería para miralo de fronte. Sempre lle atopo algo novo. Por exemplo, ¿víchedes a Lúa ao revés?

3 Comments

  1. 19 / Febreiro/ 2009

    Graciñas por dar a coñecer estos curiosos recunchos da nosa idiosincrasia. Farei o posible por probar esas troitas con xamón.
    Saudos Manuel dende Chantada.

  2. Anuncio
    1 / Marzo/ 2009

    Podo confirmar que realmente é unha gozada hospedarse en Casa Romualdo, polo coidado no minimo detalle, pola exquisita cociña e sobre todo polo trato humano.
    Moito teño matinado no retablo, que cousa tan curiosa…
    Ideal lugar para relaxarse, facer turismo, ler ou conversar, xa que tanto Francisco como Chon son excelentes e amables anfitrions.
    Anuncio

  3. Eva e Bedu
    1 / Marzo/ 2009

    Nos coma ti , tamén temos pasado ratos de verdadeiro lecer , na compaña de esos amigos , que xa se converteron en familia.
    Magnífico lugar, magnífica comida , magnífica compaña, que máis se pode pedir.
    Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará