Patrimonio cultural galego: unha interpretación aberta (4)


Foto: Sole

Este fermoso panel que vedes aquí está diante do parapeto do Neixón Pequeno, un dos dous asentamentos castrexos da punta de Neixón, en Boiro. De feito, a elevación que se ve atrás é o propio parapeto do castro. Desde aquí quero parabenizar con todo o meu ser, con todo o meu corazón, ao alcalde de Boiro, Xosé Deira, por permitirnos elucubrar sobre o pasado castrexo do Barbanza con este panel aberto ás ideas. ¿Construíron Neixón os exipcios?¿É esta muralla un xigantesco escondite de Winston Batea?

Ver anteriores

4 Comments

  1. REFLEXF4
    12 / Febreiro/ 2009

    Non vas mal encamiñado, xa se sabe eses “presamarcos” eran bos
    contrabandistas………
    E as xornadas , a pique de comenzar…..Menuda vergoña allea, coma a fonte da cachada…..
    Agora que dentro de pouco, xa comenzan as PROMESAS…

  2. PabloV
    12 / Febreiro/ 2009

    moita retranca manolo…

  3. 12 / Febreiro/ 2009

    Certo, a verdade é que esa foto que ligades é ben curiosa. Para quen non o coñeza, está feita xusto desde o lado contrario do parapeto. Xa vedes que ben coidado está tamén…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará