O Monte Aloia: outro Castelo Baleiro

Last updated on 10 / Febreiro/ 2009


Vista desde o monte Aloia. Foto: mf.vazquez

Foi publicar o post sobre o Castro Valente e Xenome xa me lembrou outro dos míticos Castelos Baleiros de Galicia: a estraña muralla, definida por algúns como ciclópea, que rodea o chan superior do Monte Aloia, sobre Tui -antiga e importante cidade e porto romano, como Iria Flavia-, e que chega a acadar os tres metros de altura. Coma nos outros Castelos Baleiros, a súa función e orixe continúa a ser tamén descoñecida, e no seu interior non hai restos claros dun asentamento constante. Xenome realizou un detallado mapa do recinto arqueolóxico do Monte Aloia que podes ver aquí:


Ver máis grande

Actualización: Xenome subiu algunhas fotos da muralla que se poden ver aquí.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará