Marcharon, pero non de todo


Foto: Sole

Na fermosísima e descoñecida igrexa románica do século XII de Santa María de Herbón, os vellos mortos da parroquia aínda non marcharon de todo. Estas laudas decimonónicas de bo granito non se reciclaron, por desleixo, piedade ou memoria, nin os seus nomes se borraron. Nunha corna do adro, acumúlanse en pías verticais. Mentres, ao carón, no seu anterior espazo ao redor do templo, medra a beleza moderna dos monumentos a xeito de céspede e grava.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará