Os banquetes da mafia siciliana, no Come e Fala

Hoxe no Come e Fala da Radio Galega falamos de La mafia se sienta a la mesa, un divertido libro do xornalista bretón Jacques Kermoal. Poñémonos traxe a raias diplomático, chapeu e contamos historias e mañas da mafia siciliana ao redor das mesas da suculenta e sinxela gastronomía insular. Por algunha razón, bo comer e negocios escuros sempre tiveron unha estreita vinculación. A frase “cociñar o delito” non é casual.

Kermoal cóntanos históricos banquetes dos mafiosos sicilianos desde os tempos de Garibaldi, pasando por recepcións a Mussolini, asasinatos, conventos corruptos, a fria e desprezativa recepción dos capos a un Frank Sinatra que viña de intermediario, as habilidades culinarias de Lucky Luciano. Un libro divertido para coñecer os rituais gastronómicos de todos estes peixes, amantes da mestiza e diversa tradición culinaria siciliana. Martine Bartolomei reconstrúe as receitas deses banquetes e nolas ofrece por se acaso queremos planear unha conspiración na nosa casa. Se queres pasar un bo rato, de verdade que cho recomendo moito. E mentres, podes escoitar o programa desta semana aquí.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará