Gonzalo Gonzalo e o DJ Vito: gran cata a cegas na Viña de Xabi

Last updated on 22 / Xaneiro/ 2009


DJ Vito e Gonzalo (¿sinatura? do convite ao acto)

¿Lembrades que vos falei do enólogo moderno Gonzalo Gonzalo? Pois mañá, xoves ás 20:00 h. , vai montar unha boa en A viña de Xabi (Fernando III o Santo, 4, Santiago). Gonzalo Gonzalo chegará co DJ Vito no seu Furgon Wine desde a Rioxa (aínda que xa levan uns días de xira galega), para ofrecer unha auténtica sesión de música e viño a cegas. Literalmente. Porque a música vai soar pinchada por DJ Vito mentres Gonzalo nos fai catar ás escuras os diferentes viños da súa adega. O Orgullo, o Lazarus, o de vendima tardía No Phone…Catar co apoio da música e coa case carencia da vista. ¿Non está mal o espectáculo, verdade? Pois se te apetece non te demores mañá, porque as prazas para esta cata ben singular son limitadísimas. Ah, e para os coruñeses, o espectáculo repetirase o venres en Casa Pilar (Emilia Pardo Bazán, 23 baixo) ás 19:30 h.

6 Comments

  1. 22 / Xaneiro/ 2009

    El martes se pasaron por Vigo y la verdad es que estuvo muy bien. Muy divertido y original.

    Por cierto, si en vez de catar, vais a tomar el vino, comer algo antes porque de lo contrario la castaña está garantizada. Son 5 vinos (en el caso de Vigo), y así a palo seco….beso a beeeeeEEEEsooooo….

    Milu.

  2. 22 / Xaneiro/ 2009

    hahahah!

    Bo consello, Milu. Habrerá que tomarse antes unha megatapa destas do Xabi.

  3. 22 / Xaneiro/ 2009

    Lamentablemente non podo ir, pero xa tiven oportunidade de probar nunha cata mais “formal” o Orgullo….

    Milu ten razón. Mellor co estomago preparado (ou catar con moderación cristiana jeje)…

  4. 22 / Xaneiro/ 2009

    y que os pareció Orgullo?? Y No Phone??

    Milu.

  5. Juan D.
    23 / Xaneiro/ 2009

    Esta tarde-noche podré disfrutar de la “cata-espectáculo” en Casa Pilar, seguiré el consejo de Milu y acudiré con el estómago preparado. Ya os comentaré que tal ha ido la experiencia y las impresiones de la cata.

    Juan D.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará