O albariño Don Olegario, entre os viños máis deliciosos do mundo segundo o Wall Street Journal

Acábome de quedar de pedra. O albariño Don Olegario 2005 figura na lista dos 9 Delicious Wines of 2008 que publica o Wall Street Journal, xunto con marabillas coma o Chateau Latour 2005 ou ‘Les Caillerets’ de Volnay 2005. É unha tremenda noticia, e o único viño da Península en figurar nese cadro de honra. E fíxome moita graza porque teño compartido algunhas copas de Don Olegario co seu propietario Olegario en Casa Milagros, en Cambados, ao carón dunhas excelentes zamburiñas cun preve de limón e aceite. Olegario foi manager de Xil Ríos, home de vida intensa e amabile, e un saco inesgotábel de anécdotas do Salnés. E fai un Albariño excelente que lle gusta compartir cos amigos ao redor dunha mesa. Moitos parabéns. (vía)

8 Comments

  1. 18 / Xaneiro/ 2009

    Isto vai a proer a máis dún. (Logo de ver a repercusión que tivo o 100 a un Albariño). Pequena pregunta, xa que coñeces ben ó bodegueiro. ¿Este viño do 2005 pódese comprar? ¿Envellecido en botella?

  2. 18 / Xaneiro/ 2009

    Por certo, unha non moi esforzada protesta: ¡¡estades todos a vos enlazar, pero ninguén pon un enlace ó artigo do WSJ!! Xa sei que está en inglés, pero merece a pena leelo (ademáis así se comproba o referido).
    2008’s Most Thrilling Wines
    Por certo que merece a pena o enlace, porque aparte da lista dos viños, hai unha bóa crítica á industria do viño (punto de vista USA, claro está). E logo ten pequenas perliñas de irónia e sarcasmo:

    the most expensive wine of the year — Château Latour, from the fine 2005 vintage. It cost $1,950 (though this was before the financial meltdown. To all of you who actually believed those wine merchants who said fine wine was a can’t-miss investment: We hope you enjoy drinking those bottles).

    Certamente, espero que os especuladores o pasen ben bebendo o seu Latour.

  3. 18 / Xaneiro/ 2009

    Certo, xmanoel, coas prisas pola mañá -tiña que marchar- non lle puxera unha ligazón á noticia orixinal do WSJ. Xa está feito.

    Non, é un viño do ano, non está envellecido en barrica. E supoño que se poderá mercar, é un viño moi accesible. O que non sei é se a anada 2005 será tan doada de atopar que outras posteriores.

    Creo que meu pai ten un par delas. Imos mirar.

  4. 18 / Xaneiro/ 2009

    E, por certo, efectivamente todo o artigo ten un ton tremendamente irónico ao redor dos viños efectistas: the rise of cynical wine, din eles. Paga a pena lelo de vagar.

  5. 19 / Xaneiro/ 2009

    Sempre me gustaron os artigos sobre viño do WSJ. Era algo que me chamaba a atención cando tiña a ocasión de ler o periódico. Que normalmente era nun voo dende algún país estranxeiro onde non coñecía o idioma e case todos os periódicos non se podían ler: salvo o FT e o WSJ. E en ese caso, se era venres collía o WSJ porque aparte da sección de viños moi entretida, tamén tiña unha bastante bóa de gastronomía (e bastante divertida).

    Pois segundo comentas, entendo que este Don Olegario foi envellecido en botella en Nova Iorque. E semella que envelleceu moi ben.

    Pois de momento xa está todo. Xa terei ocasión en algún día de te preguntar por as posiblidades de gardar un albariño. Porque polo que semella merece a pena gardas as botellas uns cantos anos.

  6. 19 / Xaneiro/ 2009

    Si, de barrica nada. Eu non son capaz de acceder á nota de cata do WSJ sobre o Olegario (pétame a páxina). Pero tamén podes velo na descrición oficial da adega da anada 2005:

    http://www.donolegario.com/es/vino.html

    Todo un tema o do branco envellecido. Eu fixen un post hai tempo.

    http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/06/16/%C2%BFvinos-brancos-galegos-de-primeiro-ou-de-segundo-ano/

    …pero hai moito por explorar. De feito, hai pouco tomei un Contra a Parede 2004 (albariño, adegas Eidos) dun grandísimo nivel:

    http://www.manuelgago.org/thewinecodex/index.php/2008/11/07/contra-a-parede/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará