HP e a Universidade de Arizona anunciaron recentemente un prototipo dunha pantalla flexíbel e lixeira que podería revolucionar o mundo dos ordenadores. Creado a partir dun simple proceso de manufactura parecido ao do papel de embalar, estas novas pantallas están impresas en follas plásticas que son virtualmente indestrutíbeis, empregan menos enerxía e custan menos de producir que as pantallas convencionais. Ademáis, empregan o 90% menos de volume de material que as convencionais. Poden ser un interesante desafío para o deseño de interfaces.
Volta o papiro!!!