Liberalia Cabeza de Cuba 2003: unha interesante rareza enolóxica

No mercado español non é habitual atopar viños sacados da cabeza da cuba, ata o punto de que son unha rareza enolóxica. O termo procede orixinalmente da viticultura francesa, os tête de cuvée, e refírense de xeito xenérico a aquel viño extraído da parte de arriba do bocoi ou da barrica que se definen como limitadas e excelentes partidas polo adegueiro. Na rexión de Champagne, onde é moi empregado, os tête de cuvée son aqueles viños feitos co mosto das primeiras prensadas. En todo caso, en brancos, espumantes e tintos, son sempre elaboracións moi especiais. Por exemplo, na Rioja, Solar de Samaniego elabora un cabeza de cuba limitado unicamente aos membros do seu clube de viños. ¿Pero que teñen de especial os viños cabeza de cuba? En teoría, no alto da barrica o viño está máis en contacto co aire, co osíxeno e, polo tanto, ten unha evolución maior e máis rápida.

Este Nadal tiven a oportunidade de probar outro dos poucos que se realizan en España. O Liberalia Cabeza de Cuba 2003, da D.O. Toro, e nel pódese comprobar unha curiosa aplicación práctica desta técnica e esta selección de viño. O viño presentaba en boca un gran sabor a froita vermella, mesmo a golosina nunha primeira instancia. Nese toque inicial parecía case un viño do ano, a pesar de ser un 2003 e un caldo monovarietal a partir de Tinta de Toro e, polo tanto, dun gusto máis rexo; a astrinxencia da Tinta de Toro percibíase, sobre todo, ao final, cando no posgusto se apreciaba o carácter destas terras duras, e tamén no axeitado ensamblaxe coa madeira da crianza. É dicir, o viño da cabeza de cuba, no Liberalia, suavizaba o empaque dos Toro, facendo máis versátil para un consumo máis lixeiro, con comidas de aportes non tan calóricos como ás veces é necesario con estes tintos zamoranos. O Liberalia Cabeza de Cuba vale no mercado arredor dos 20 euros. Pódese consultar a ficha en The Wine Codex.

One Comment

  1. 7 / Xaneiro/ 2009

    Si señor, estupendo vino!!. En la propia bodega de liberalia tuve la oportunidad de probarlo.

    Por cierto, al propietario de la bogega al que parece ser que le caí muy bien, no dejaba de decirme que me iba a fichar para la bodega, que ya vería los “fiestorros” que nos íbamos a montar allí jajajja. Me reí un buen rato.

    Gran bodega y gran vino. Y su propietario, gran anfitrión.

    Milu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará