Buscando cachalotes no Cabo Peñas


Fotos: Sole

Por debaixo do cabo Peñas, a abrupta punta máis ao norte de Asturias, esténdese unha peculiar e abisal xeografía, un negativo das cordilleiras asturianas. Nos enormes vales submariños, vive o calamar xigante, e Asturias é o lugar do mundo onde máis destes misteriosos bichos de ata 20 metros de longo viven. Ten nome e altura: o Canón Subterráneo de Avilés, e o abismo supera os 400 metros de profundidade.

O cachalote é quen de descender ata o fondo deses abismos, e mantén loitas depredadoras contra os calamares xigantes. Ás veces, nos cachalotes mortos se aprecian restos de combates mantidos contra estes kraken cantábricos. Por iso o cabo Peñas é un popular punto de avistamento de cetáceos. Alí estivemos buscándoos, esta mañá. A auga, sen dúbida, despois dun certo tempo de concentración, tamén é quen de provocar espellismos ou, mellor, alucinacións. ¿Esa sombra era unha cola?¿Vin un bufido de auga aló ao lonxe?¿Aquelo era un lombo escuro de cachalote? Pero o mar estaba solitario como unha mañá de domingo que era. Só había vertixe, prantiñas prendidas nos cantís, augas escumosas alí onde existen perigosos baixos. Este é o cabo Peñas.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará