Galicia Gourmand, a terceira vía da cociña galega de calidade

Será a noticia gastronómica da semana en Galicia. No país existen dous grandes grupos de restaurantes, o Grupo Nove e o Grupo Xantares, que reunen a boa parte dos establecementos gastronómicos máis destacados, coñecidos e recoñecidos do país. O Grupo Nove representa a un colectivo case xeneracional de cociñeiros que apostan por unha cociña máis contemporánea e Xantares reune a un grupo algo máis diverso, de acento en xeral (aínda que non en todos os casos) máis clásico. Ata esta semana, na que naceu unha terceira vía cunha proposta diferente.

Tras unha xuntanza celebrada o martes pasado, acábase de constituír o Grupo Galicia Gourmand. Trátase dun colectivo de restaurantes que se caracterizan por seren restaurantes con encanto, espazos pequenos e acolledores nos que se realiza unha cociña galega de forte raíz autóctona, con marcada identidade galega, a partir de conceptos modernos de servizo hosteleiro e coidada elaboración e presentación do plato; son sitios máis próximos ao bistró que ao restaurante de alta cociña. Tamén todos se caracterizan pola súa mocidade: naceron a partir do ano 2000 e, en pouco tempo, convertéronse en establecementos de referencia nas súas respectivas comarcas. O terceiro elemento diferencial (e o máis importante para o consumidor) é que tentan manter a súa cociña a prezos moderados (ao redor dos 30-40 euros), ofrecendo un alto estándar de calidade.

Son A Parada das Bestas (Palas de Rei), o Mesón de Lázaro (Santiago), a Reitoral de Ansemil (Celanova), La Bodeguilla del Huerto (Oleiros), Alfonso (Ferrol), Casa Pendás (Narón), La Casa de las Cinco Puertas (Pontevedra), Casa Moncho (Vigo), Pazo de Mendoza (Baiona), De Tapa en Cepa (Vigo), Gayoso (Pobra do Caramiñal), A Casa dos Martínez (Padrón) e Asador O’Pazo (Padrón).

En xaneiro, tralas festas, o Grupo Galicia Gourmand escollerá o seu primeiro presidente e a presidencia será rotatoria con periodicidade anual. Ser un grupo significa contar cunha marca, unha imaxe e unha visibilidade común nun momento de especial relevancia para estes restaurantes e o sector hosteleiro.

18 Comments

  1. 19 / Decembro/ 2008

    Casa Moncho, un local renovado sobre outro anterior, é un restaurante que tende aos 40 euros máis cós 30, cos clásicos menús de robaliza, rodaballo ou pescada preparados de xeito convencional (á prancha ou á galega), coa súa pataquiña iluminada polo aceite e o pirixel e unha folla ou dúas de leituga cun tomate. Empanada de primeiro ou entrantes desa clase (tamén hai marisco prezo s/m). Eu véxoo como o típico restaurante de empresa (quero dicir para que sexa a empresa a que pague) e, xaora, aínda que a decoración con pedra vista poda resultar agradable, despide escaso encanto.
    Non comín mal porque o producto é bó, pero é todo excesivamente anodino, demasiado correcto. Non parece concordar coas características desa corrente gastronómica. En comparación coa casa dos Martínez (en concepto, non en calidade), non hai moitas afinidades. Eso me pareceu.
    Probarei mañán o De Tapa en Cepa. http://vinosyrestaurantes2008.blogspot.com/2008/06/de-tapa-cepa-vigo.html

  2. 19 / Decembro/ 2008

    Eu coñezo persoalmente A Parada, o Mesón de Lázaro, A Casa das 5 Puertas, o Pazo de Mendoza e a Casa dos Martínez e si coinciden bastante con ese espírito. Faláronme tamén nese mesmo plan da Reitoral de Ansemil, á que lle teño moitas gañas.

  3. 19 / Decembro/ 2008

    Arume, se tes tempo, cóntanos algo neste post do De Tapa en Cepa cando vaias, porque a verdade é que non escoitara falar del e nesa ligazón que das ten moi boa pinta.

  4. 19 / Decembro/ 2008

    De tapa en cepa é o mellor local para tomar viños por copas de Vigo, cunha das máis atractivas e variada carta de viños. Miguel e Oscar ademáis de amantes do viño son bos coñecedores e activos participantes en cantos actos relacionados con el se convocan pola zona.

  5. 19 / Decembro/ 2008

    Vou hoxe tomar os viños a ese bar. Tomarei boa nota.
    Pero non debería dicilo antes, verdade?

  6. danielo
    19 / Decembro/ 2008

    E cal é o Gayoso na Pobra do Caramiñal?

  7. 20 / Decembro/ 2008

    Haberá que facer ese roteiro, pois.

  8. 21 / Decembro/ 2008

    Arume, vostede non se deixe notar. :-)

    Danielo: non coñezo o Gayoso. Terei que investigar. Xa sabe que na vila dun cómese en casa. :-)

    Carlos, haberá que dicirlles o mesmo que aos do grupo Nove: a ver cando sacan unha tarxeta de puntos, en plan Iberia Plus, para poder sacar un xantar gratis de cando en vez.

  9. 21 / Decembro/ 2008

    Non puiden. Eran as nove e non había ninguén. Eu pensei que era máis informal, pero vin que tiñan todo preparado para recibir comensais. Pensei que había posibilidade de desfrutar na barra, pero dame que non: que hai que reservar para sentar e xantar, aínda que sexa de tapas. Non obstante, grazas a ese erro, puiden calibrar de novo as excelencias de Tapas Areal, un clásico da restauración viguesa (cun servizo admirable, exemplar: máis de cinco camareiros para atender e, como!, a barra) que aproveito para recomendar encarecidamente.
    Queda pendente, pois, a visita ao De tapa en cepa. Prometido. E serei o home invisible.

  10. 21 / Decembro/ 2008

    Aurme, se necesitas que alguén te garde as cosas, apuntome a visitar de Tapa en Cepa convosco. Se cadra o bulto disimula mellor.

  11. 27 / Decembro/ 2008

    Bóas xa estiven comendo en De tapa en Cepa e non estivo mal, pero non o podería chamar restaurante. E unha tapería con alguns platos de restaurante…

  12. 3 / Xaneiro/ 2009

    Me encanta que aparezcan grupos nuevos en el panorama… Muy buena iniciativa. Pero de los que conozco mejor, aunque son magníficos San Lázaro, Mendoza y Moncho no se parecen en nada a De tapa en Cepa… pero nada, nada, nada… Sí encuentro dentro de la filosofía a los tres primeros… pero no a De tapa en Cepa: Una carta de vinos excepcional, un producto muy elaborado y un servicio fantástico. Absolutamente recomendable, pero no le veo mucha raíz autóctona, ni marcadamente gallega, ni tender a los 30-40 euros. Lo veo muchos más cercano a los Nove… no sé. De todos modos, cada uno en su estilo, me encantan los cuatro que conozco. Probaré los otros.

  13. 4 / Marzo/ 2009

    O outro día fun ao De tapa en cepa. Fun xantar no comedor do primeiro andar. Deume a impresión de que abaixo o protocolo era máis informal. E o primeiro que me chamou a atención é que, sendo martes, estaba cheo e que moita xente comía soa. Seica teñen menú do día e que a xente que traballa pola zona vai xantar alí: bó sinal, creo.

    O local está ben decorado, coa xa típica combinación de madeiras escuras (o chan non) e pedra vista e os manteis do clásico ton sobrio, nun estilo que para simplificar diríamos minimalista ma non troppo. O servizo é dilixente e amable.
    A comida resulta moi convincente. Tomamos un carpaccio de atún que estaba delicioso e moi ben presentado e unhas mollejas confitadas tamén excelentes. O resto dos entrantes, que supoño funcionan de tapas, merecen sen dúbida visitas máis frecuentes. Hai que agradecer a denominación aínda clara da oferta.
    De segundo prato, eliximos rape á prancha e, pola miña banda, cochinillo. Vin a carta algo curta (con pratos tamén convencionais, con algo, pouco, de risco), pero debe ser marca do restaurante, que prefire tirar de tapeo: a longa selección de viños, por contra, corrobora esa predilección. En calquera caso, segundo os comentarios, o pixín estaba moi bó (dunha frescura que saltaba á vista) e o cochinillo (crocante e no seu punto) que comín eu estaba bordado. Non cabe dúbida de que De tapa en cepa ofrece extraordinarios productos.
    O postre, para alguén pouco larpeiro de doce, resulta de altura. O Brownie con xeado de améndoa convenceume, mentres o xeado de iogur con compota de mango que pediu outro comensal foi devorado nun plis plas e iso que este se queixaba da cantidade de compota que empapuzaba en exceso o xeado. Os cafés non desmerecen en absoluto o nivel alto do xantar: moi ben preparados. O Santiago Ruiz elixido por razóns sentimentais para acompañar os pratos sempre resulta moi fiable.
    En definitiva, un lugar moi, moi aconsellable, nese nivel intermedio, a varios escalóns por baixo do grupo dos Nove; tamén o prezo, afortunadamente, está nese escalón: 30-35 euros pareceume moi razonable. Estou de acordo con Pablo_blu en que non se parece en nada ao Moncho: está máis cerca do Nove que do xantar tradicional, pero sí que pode catalogarse nese punto medio que de seguro conta con moitos siareiros.
    Eu creo que está nese momento en que van dar un salto cualitativo: o sorprendente para min cheo do outro día revela que o restaurante xa vai quedando curto en espazo e en expectativas.

    Voltarei de tapas, pero agardo que non me recoñezan despois desta nota.

  14. 31 / Maio/ 2012

    Yo creo que desde que v por primera vez la versi n 1.0 del pgarroma PageMaker, de la compa a Aldus (que toma el nombre del artesano e impresor Aldus Manutius) qued enamorado de la ciencia de los tipos. Serifas, pi s, bigotes . son palabras que 20 a os despu s a n me llenan con una plenitud que ha tiempo que no siento en otras artes. Ir , aunque sea telem ticamente

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará