A historia de Antonio Gude e a Mina de Ouro Verde, na contraportada de Xornal de Galicia

A historia do señor Antonio Gude, a súa carballeira e os Manuscritos Persiánicos do Corgo que vos presentei o venres continúa viva: hoxe é contraportada do Xornal de Galicia, o novo diario galego, ilustrada cunha foto de Soledad Felloza e con texto de Sonia Dapena.

Mágoa que non se mencione a fonte orixinal da que partiu a información, ou sexa, Capítulo 0.

12 Comments

  1. 16 / Decembro/ 2008

    Ségueche ben a cousa…

    Una mágoa que xornal non entenda o xornalismo do século XXI.

  2. 16 / Decembro/ 2008

    ai ai ai, pero me mala praxe tendes ás veces os xornalistas…

  3. 16 / Decembro/ 2008

    Pedirían permiso para as fotos polo menos…

  4. 16 / Decembro/ 2008

    Mandouselle un xogo de oito en alta calidade para que escolleran.

  5. 16 / Decembro/ 2008

    Estoume mordendo a lingua e aguantando as gañas. Sexamos pacientes…

  6. Certo
    16 / Decembro/ 2008

    Vaia, pois suponse que Xornal de Galicia vén da web para o papel, así que estas cousas sábeas ben. Mais non imos comer carne de can. Hoxe non.
    Nós enterámonos desta caralluda historia -en todo o bo sentido da verba caralluda- por Chuza! Quédanos lonxe de Barbanza, que se non…

  7. 17 / Decembro/ 2008

    Se de certo enteraronse por teu cadernno, fixeron moi mmal non citandoo, eo primeiro qque devian de facer. Saúdos

  8. 17 / Decembro/ 2008

    Recomendo a “folla de ruta” que o blog 233grados.com (un dos primeiros produtos da nova empresa xornalística de Mario Tascón) publicou para explicar cal era o seu concepto de xornalismo renovado polas novas tecnoloxías:

    http://www.233grados.com/blog/2008/10/post.html

    Punto 1 da Folla de Ruta:

    El periodismo de enlaces como ejercicio de transparencia.

    • Propuesta para Associated Press: Una ética de enlaces (Jeff Jarvis, 24 junio)
    • El periodismo de enlaces como antídoto contra el plagio (11 de agosto)
  9. José
    17 / Decembro/ 2008

    Supoño que citarte é o esixible entre periodistas, pero claro, tentaches á bicha có post aquel: “home morde a can”. Non te copiarán outros nos que falas das túas aventuras gastronómicas, históricas, tecnolóxicas, que para min son de moito máis interés (xa cho dixen). Asi que antes de publicar un post pensa si é de interese morboperiodistico (copiaranche sen citar) ou é genuinamente un post de bloqueiro (leeranche e quizais siganche os pasos). ¿que opinas?

  10. 17 / Decembro/ 2008

    Vaia, José, o que estou seguro é que non vou deixar de publicar nada simplemente pola sospeita de que o poidan copiar. Que copien contido sen mencionar a procedencia non é algo que me cabree ou preocupe. Entre os que traballamos nos medios dixitais é un clásico mencionar as copiadas directas por parte de profesionais de medios impresos. Non é, con todo, o mesmo caso que este, no que unicamente se tomou a idea e a foto está correctamente atribuída.

    O que me soprende é que siga a existir esa cultura decimonónica en pleno século XXI. As ligazóns non só son unha cuestión ética: é unha forma de redactar, de conectar contidos, persoas e establecer redes. A ligazón é a pirámide invertida do novo século. Mágoa que aínda non se comprenda.

  11. 18 / Decembro/ 2008

    vaia cos de Xornal de Galicia, :), semella que veñen coas prácticas aprendidas de hai 10 anos… eu acabo de publicar un post sobre o proxecto, que levaba cabilando nel desde a semana pasada e non o puiden resistir máis… telo na ligazón da sinatura.

    saúdos!

  12. campesino
    11 / Setembro/ 2011

    quiero decir que a chuvia e auga y el agua es oro en una ocasion en zurich yo no queria nieve y un senor negro me dijo la nieve es oro es agua
    no solo es oro verde antiguamente para extraer el oro era necesiria el agua miles de toneladas de oro que reposan bajo tierra en galicia son una mina de oro un poco de oro se podia extraer sin danar el medio
    pero galicia necesita 50 toneladas de cafe
    ver manuscritos persianicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará