Brétemas míticas no camiño á Torre de Doncos nos Ancares


Fotos: Sole

¿Que representa a néboa nun roteiro de sendeirismo? Desde o Chan de Vilar, parroquia de Nullán, nas Nogais, parte un caminiño que atravesa un mundo espeso, denso e verde no fondo do cal, entre os cantís que beirean estreitamente o río Navia, aséntanse as ruínas da Torre de Doncos. A brétema outorga ao bosque a virtude dun silenzo estremo e sepultan o val en capas de tempo, mentres nos cumios ancareses, nos prados de Torés, o domingo está luminoso e fresco. Aquí abaixo, pola contra, desaparece a sonosfera humana, o zunido da A6, e todo cala e pesa. Os merlos, as pegas erguen o voo ao noso carón, e o caldo branco do boiro só se laña, de cando en vez, por un gaio vixiante desde algunha ponla, e polas pegadas nas follas dos soutos. Esta ruta, que sae da casa A Lareira e leva ata a Torre de Doncos (unha hora e media ou dúas de paseo) é unha auténtica marabilla evocadora. Case mellor que non a conte. Que a fagades connosco a través destas fotos. Vestídevos con imperméabeis, calzade botas resistentes á humidade. E metédeos na brétema ata Doncos e sorprendervos de emoción e beleza ata esta torre en ruínas, unha das chaves no reino de Galicia, vixía do Camiño que entraba de Castela. No interior do post tedes un mapa cos lugares.


Ver mapa máis grande

10 Comments

  1. 18 / Novembro/ 2008

    Fermoso lugar, magoa dde que sempre alguen o queira lixar, por certo…boAs fotos. saúdos e apertas

  2. REFLEXF4
    18 / Novembro/ 2008

    Fermosas fotos, por certo eu indagarìa acerca do sillon, que aparece nuha das fotos, ten un certo diseño, que a o mellor recolles unha autentica peza “vintage”.
    Tamen e unha magoa, que os zapatons non dispoñan de un dispositivo que nos indique, as millas percorridas po lo seu dono, asi como os lugares visitados.
    Vou poñer unha prenda de abrigo, pois a neboa que impregna as imaxes caloume os osos , ou ben pode que estea a incubar xa un resfriado.

    saudos, e sigue sorprendendonos con estas maravillosas rutas de sendeirismo.

  3. 18 / Novembro/ 2008

    Fermosas imaxes… pero coido que puxeches a torre moi perto do río.

  4. Álex González
    18 / Novembro/ 2008

    Encántanme estas fotos, ¿podes subir algunha con maior resolución? Gostaríame poñela de fondo ;D

  5. 18 / Novembro/ 2008

    Makeijan, máis que preto do río (a torre está mesmo sobre o río), o que estaba era un pouco desprazada ao oeste con respecto ao emprazamento. Xa o corrixín.

    Reflex, o sillón é de alguén que debe levar a pastorear animais a unha veiga que hai ao pé do castelo.

    Álex, indícalle que foto queres en alta resolución a Sole en soledadfelloza@gmail.com

  6. Álex González
    18 / Novembro/ 2008

    Moitas gracias magago! ;) Enviado está o correo

  7. 18 / Novembro/ 2008

    Fantásticas imaxes, parabéns para Sole polo seu magnífico traballo e a tí po los fermosos comentarios

    Apertas

  8. 18 / Novembro/ 2008

    Flipante!

  9. 18 / Novembro/ 2008

    Marabillosas imaxes, Sole.
    Soutos de castiñeiros, sendeiros para perderse.
    Moitos recordos para os dous.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará