Rush, un espectacular vídeo interactivo de Volvo


Fotograma de Rush

Nos últimos anos estamos vendo desenvolvementos moi interesantes do vídeo interactivo; a mestura entre ficción audiovisual e a interacción do usuario aínda ten moito por andar, pero Rush encantoume por como foi pensada e resolta a nivel técnico e de guión. Esta campaña publicitaria dunha serie de automóbiles de Volvo introduce ao usuario nun rescate en tempo real dun veleiro cun tripulante que precisa ser rescatado na costa noruega. En catro minutos, o usuario debe interactuar cos catro protagonistas do equipo de rescate para axudarlles a preparar as condicións do rescate. Todo, desde a ambientación ata o celérico ritmo do vídeo, está coidado ata o último detalle, por máis que os desafíos para o usuario sexan simples en exceso. Mesmo o preloader, o dispositivo de carga da película, cumpre unha gran función. Para ver Rush pincha aquí.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará