Facer cine cunha cámara de fotos reflex?

Menuda polémica que se acaba de montar con este espectacular vídeo que o director de fotografía Vincent Laforet presentou o outro día. Non e un vídeo máis. Laforet montou este showcase a partir dun prototipo dunha cámara fotográfica reflex, a Canon EOS 5D Mark II, deseñada para poder efectuar gravacións en vídeo deste calibre, en calidade alta definición Full HD. Esta Canon é o contraataque ao lanzamento da Nikon D90, que foi a primeira cámara de ámbito semiprofesional ou profesional en ofrecer vídeo de alta calidade. Aquí está unha proba dun usuario da d90, feita con bastantes menos recursos que o show de Laforet, na que podemos observar que a calidade non é desde logo mala.

O máis relevante, con todo, é querer saber por que Canon e Nikon entran no mercado do vídeo: ¿é unha resposta ante un crecente interese dos consumidores ante a alta definición? ¿Ou estas compañías comezan a evolucionar os seus produtos cara o dispositivo total para os profesionais da imaxe, capaz de combinar a precisión visual dunha reflex coa posibilidade de ofrecer vídeo? Estes cambios non lles convencen a moitos fotógrafos, que se queixan de que se cadra Nikon e Canon invistan máis en software espectacular e comercial, coma o vídeo en alta definición, pero pouco na mellora dos teleobxectivos e das ópticas. Podería ser, pero os obxectivos tamén avanzan que é unha barbaridade. Poñamos un caso: estes días Sole anda probando un Tamron 18-250mm, unha pequena besta parda que supera a eses míticos obxectivos brancos, telescópicos e de orixe analóxica que aínda empregan moitos fotógrafos profesionais (eran carísimos, pero o Tamron valeu sobre 200 euros en eBay). Este 18-250 ofrece unhas condicións de luminosidade que superan con diferencia as de obxectivos de percorrido máis corto (Nikkor 18-135) de a penas dous anos atrás.

A cuestión está, para min, nalgo ao que me referín antes. Os profesionais ou altos afeccionados da imaxe. Un fotógrafo, habitualmente, é fotógrafo, non camarógrafo. E viceversa. De aí as reticencias. Pero, ¿poden estar derrubándose gradualmente estas fronteiras? Veremos evolucións interesantes nos vindeiros meses.

4 Comments

  1. REFLEXF4
    28 / Setembro/ 2008

    pode ser un 28-200 o Tamrom ?

  2. reflexf4
    30 / Setembro/ 2008

    Encantame, ademais vexo que xa esta pensado para as dixitais, en fin renovarse ou morrer. Saudos

  3. 5 / Outubro/ 2008

    Hla!

    O mellor de todo non son solo os avances nos obxectivos modernos, senon que en Ebay e sobre todo en mercadillos de segunda man, se poden atopar obectivos antigos de moita calidade por precios de “risa”.. (fai pouco pilleime un tele ruso por 15€… ) Inda que ese Tamron ten unha pinta tremenda….

    sau2!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará