Vergoñento estado do Roteiro Frai Martín Sarmiento en Cerdedo (PRG 69)

Last updated on 16 / Setembro/ 2008


Un carballo centenario no Roteiro Frai Martín Sarmiento. Fotos: Sole

O roteiro de sendeirismo Frai Martín Sarmiento, en Cerdedo (Pontevedra) -etiquetado como PRG-69 dentro dos sendeiros galegos-, tería todos os compoñentes para ser un fermoso roteiro polo campo. Fermosa etnografía e historia (calzadas medievais, pontes, ermidas do XVIII, arte popular, aldeas con estupenda arquitectura popular -malia que abandonada-, os pasos de Frai Martín Sarmiento), bonita natureza (soutos, fragas, carballos centenarios) e un alegre mirar (boas vistas, verde e diversa flora).

Pero se ninguén o remedia, este roteiro desaparecerá este inverno. Toxos e silveiras devoran os camiños facéndoos impracticábeis -agás nas proximidades das aldeas onde os veciños ou un interés polos seus votos se precupan de que as fincas sexan accesíbeis-. Os carteis explicativos están destrozados. Os indicativos descoloridos e ilexíbeis. Había tempo que non vía tamaña desidia municipal na xestión dun dos principais activos turísticos do concello. Esta situación ten claros nomes e apelidos (xa está ben que falemos das agresións ao patrimonio ou á natureza en abstracto, sempre hai caras detrás de todo). O alcalde de Cerdedo, Silvestre José Balseiros Guinarte, é responsábel directo deste desastre de xestión municipal que, a min, resúltame imposíbel comprender. Os recursos turísticos son un servizo municipal máis, como a traída de augas ou a recollida do lixo. Non comprendelo demostra unha gran incultura, unha gran desidia, e un interese mínimo polo desenvolvemento da economía local dun concello cunha brutal taxa de despoboamento rural.

A situación agrávase porque o roteiro está perfectamente sinalizado desde a estrada xeral, co que calquera visitante pode acabar atrapado na xungla de toxos e silveiras e levarse unha imaxe ben fina do concello de Cerdedo. Eu, polo menos, lembreime bastante do alcalde e do concelleiro de Turismo durante o traxecto. ¿Que pensas que son un esaxerado? Mira as seguintes fotos:


“Disfrutando” do sendeiro PRG 69 na ascensión á aldea de Carballás

9 Comments

  1. 16 / Setembro/ 2008

    Menos mal que saístes vivos, pero o 82% dos veciños dánlle o apoio a este alcalde, esta Galiza creo que non sabe aínda o que quere.

  2. 16 / Setembro/ 2008

    Certo, pero non o é menos que as asociacións culturais da zona queixáronse onte en público sobre a política cultural do concello (e máis do de Forcarei). Está no Diario de Pontevedra, pero non atopo a ligazón á noticia na rede.

  3. Roberto Louro
    16 / Setembro/ 2008

    Manuel, estuve en este sendero dos veces este año, y me fue imposible terminarlo, lo inicie en dos lugares diferentes para ver si podia con el pero al dia de hoy es el unico sendero de los 20 que he hecho en Galicia que no he podido terminar. Sinceramente creo que no hay absolutamente ningun interes en mantener este sendero y es una lastima pues es uno de los mas bonitos que he recorrido.

    Un abrazo. Roberto Louro. Vigo

  4. 17 / Setembro/ 2008

    Si, Roberto, dos PRG (pequeno percorrido de Galicia) é dos peores.

    Por certo, a última foto, co cartel destrozado, a casa de fondo foi na que viviu Sarmiento na súa nenez (entereime mirando noutra web, porque alí estaba todo crebado).

  5. 18 / Setembro/ 2008

    hay otras muchas rutas en ese estado. La cantidad de silvas también complican los paseos en bicicleta. Recomiento acopio especial de repuestos porque puedes pinchar más de una vez en una misma salida.

  6. 18 / Setembro/ 2008

    Efectivamente, dan3, aínda que eu observo diferencias entre as situación dos PRG -que precisan ser homologados e, polo tanto, teñen certo carácter máis oficial- e outros roteiros que se crean en virtude dunha subvención Leader ou unha iniciativa política puntual e que se abandonan simplemente por un cambio de concelleiro ou de corporación: aí si que é un auténtico caixón desastre. Obviamente, as asociacións veciñais deberían ter moito que dicir a isto, e mesmo os concelleiros da oposición preguntar. Pero o paso previo debera ser que a xente tivera conciencia do sendeiro como ben público e lle sacara as cores ao político, igual que llo fai co asfalto defectuoso dunha pista. Aínda nos falta ese tramo de educación.

  7. 21 / Setembro/ 2008

    Unha mágoa, namentres en Pontevedra arranxaron e adecetaron as marxes do rio dos Gafos e ficou realmente fermoso, nos arredores da cidade hai infinidade de roteiros nos que sendeiros e muiños atópanse abandonadoa á súa sorte, ben sexa pola deixadez municipal ou da Xunta de Galiza, ben certo é que pode que algúns concellos pequenos pero de moita extensión non lle podan facer frote aos custos do mantemento destes lugares, ahí é onde tiña que estar a Xunta para botarlles unha man.

    Un saúdo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará