Casa Salvador: tres xeitos do bacallau islandés no val da Barcala

Na estupenda serie Platos con Historia que Xosé A. Perozo publicou en El País este verán, sobre bos restaurantes de cociña tradicional en Galicia, chamoume a atención a crónica sobre Casa Salvador, que está no concello de A Baña (ao carón de Negreira). Casa Salvador é coñecida na comarca polo seu esmerado coidado do bacallao, que trae directamente de Islandia, e que protagoniza todas as mesas dos ateigados comedores. Nesta casa de indianos fundada en 1920, está consagrada a este saboroso peixe. Podes comezar cunha magnífica empanada de bacallau, e despois seguir cunha de bacallau á galega e rematar cunha de bacallao ao forno, en plan homenaxe á salgadura. Ollo: o bacallau ao forno, prato moi famoso nesta casa que se fai desde moitas décadas atrás, hai que encargalo antes das 12 da mañá, porque se fai contado e nun forno de leña. Na miña opinión, pouca diferencia hai co preparado á galega, no seu resultado final, pero para un fan do bacallau (eu sono), todo matiz é apreciado. A materia prima, podo testemuñalo, é de primeira, desde o peixe ata as patacas (¡que menos no val da Barcala!).

Un detalle curioso: na picture gallery hall of fame clásica que todo restaurante de cociña tradicional galego debe ter, non está nin Fidel nin Fraga nin o Fary ou a Jurado ou similar, senón xente como Bertolucci, John Malkovich e outros actores, Freixanes e outros escritores….Malkovich, por certo, protagonizou unha divertida anécdota que conta Xurxo Fernández en El Correo Gallego cunha aposta cun negreirés.

O servizo é máis que correcto e os pratos sírvense con rapidez, no estilo fast good dos restaurantes de prato único e solera vella. Os postres non son nada do outro mundo e a carta de viños, por riba da media en moitos restaurantes de cociña tradicional, cunha certa presenza de Riojas e Riberas clásicos que deben ir destinados á numerosa clientela de empresarios e políticos e señores maduros en xeral que pasan por aquí. Sobre 25-30 euros.

Cómpre reservar antes e, se queres probar o bacallau ao forno, lembra que antes das 12 da mañá. Telf. 981 885 312. Localización exacta do restaurante no interior do post.


Ver mapa más grande

2 Comments

  1. xurxo
    7 / Setembro/ 2008

    Alégrame ver esta entrada, eu son un fan de Casa Salvador. Sobre todo do bacallau que preparan ao forno (eu véxolle unha boa diferencia co que preparan á galega…, os dous estupendos, eso si).
    Non sei se che contaron que ese sitio tamén é coñecido porque desde un dos mini-balcóns que dan á praza (os que aparecen de frente na foto) botou un discurso Franco á xente agolpada alí diante. Non sei que facía por alí o tio.

    Saúde.

  2. 7 / Setembro/ 2008

    Pois agora entendo a anécdota que se conta alí sobre Franco: que o único que pediu foi auga. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará