Voando a lombos de falcóns

Last updated on 8 / Setembro/ 2008


Fran González durante a gravación. Foto: Sole

Un día, un membro de Qualid, o programa de mecenado de creadores de Nokia, púxose en contacto cos rapaces de AXENA (Asociación para o Estudo da Natureza). Vira os documentais que publicaramos con anterioridade na rede (En marcha por un desafío e As Catedrais do Silencio) e con esas cartas ofreceulles a colaboración de Nokia para abordar novos proxectos similares e publicalos en Qualid.

Desde logo non foi nada difícil chegar a un acordo: Nokia está a financiar baixo a fórmula do mecenado a nova produción audiovisual de AXENA, que se atopa en plena fase de gravación. Chámase Volando a lomos de halcones e vai…exactamente diso. O equipo de rodaxe, moi interdisciplinar (biólogos, enxeñeiros de telecomunicacións, cetreiros, actores e actrices) ten por obxectivo capturar o voo das aves rapaces desde a propia perspectiva dos paxaros, colocando microcámaras ultralixeiras de custe moi económico nos animais para coñecer a súa percepción do contorno mentres cazan, voan ou exploran o territorio. Este é o trailer de Volando a lomos de halcones:

O canón do río tan espectacular que se ve no vídeo, por certo, está na Pobra do Caramiñal. Anteriormente xa publicamos en Capítulo 0 unha reportaxe gráfica dos primeiros pasos do traballo coas aves rapaces.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará