Unha voda xudea en Ribadavia

Queriamos ver a escenificación da voda xudea: esta cerimonia, hoxe rodada, foi froito dunha detallada investigación polo Centro de Estudos Medievais de Ribadavia. Salvando as distancias, os veciños que o interpretan -como a parella que casa na ficción, que leva máis dunha década casada na realidade-, foron estremadamente fieis ao ritual. E atopámonos nisto. Non hai palabras nesta narración. Só vídeo e fotos.


Fotos: Sole

A voda finaliza cun fermoso ritual que non coñecía. Despois da unión dos dous noivos, o rabino procede á lectura dun texto de gran carga simbólica, o primeiro capítulo do libro da Xénese, a Creación do Mundo, que se repite en cada parella. E, en Ribadavia, este home faino en hebreo.

2 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará