Navegadores para unha Internet ubicua?


Historial de navegación proposto por Wei Zhou

Se hai un software que, nestes momentos, está sometido a un profundo desafío para o futuro é o navegador. Coa dispersión cada vez maior das fontes de datos, dos soportes e dispositivos de acceso a Internet, o navegador xa non é un programa máis que arrincas nun momento determinado para unha necesidade puntual. En certo xeito, é o vehículo principal da túa relación cun ordenador que é, cada vez máis, unha áncora local dunha rede ubicua.

Por iso é interesantísima a área pública que abriu a Fundación Mozilla para imaxinar futuros para o navegador, chamada Concept Series. Polo momento, os dous proxectos máis interesantes son Aurora, deseñado por Jesse James Garret (o inventor do concepto AJAX), e que “explora novos xeitos de interaccionar coa web”…

…así como a interesantísima proposta do novel deseñador de interfaces Wei Zhou para reinventar o concepto de historial do navegador e dos marcadores, que explica no seu blog.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará