O cabaleiro escuro

É, posibelmente, unha das mellores películas de Batman que se teñen feito, e xa van unhas cantas. Unha película tenebrosa, sobre a natureza humana, o caos e a anarquía, nun ritmo trepidante no que se rescata o estilo das tramas dalgúns bos thrillers das últimas dúas décadas. Impresionante o papel póstumo de Heath Ledger. Gustoume tamén o estilo claro, noturno e contemporáneo desta Gotham máis neoiorquina que nunca.

4 Comments

  1. 18 / Agosto/ 2008

    Só quería indicar que no Universo DC a cidade que se asemella a New York é Metrópolis, mentres que Gotham é unha copia de Chicago (pese a que Gotham está en New Jersey). O detalle se notaba máis na anterior película de Nolan, cun Gotham cheo de gangsters que pretendía lembrar á época de Capone. Incluso a Torre Wayne está inspirada no Chicago Board of Trade Building na vella película e no Richard J. Daley Center na nova (ambos edificios de Chicago).
    Iso si, algún debuxante considera que New York é a cidade por excelencia dos comics, de xeito que de día inspiraría a Metrópolis e de noite a Gotham.

  2. 18 / Agosto/ 2008

    É que os exteriores semellan claramente Chicago con eses rañaceos e esas canles. Polo demais totalmente de acordo. Enorme Heath Ledger.

    Por certo, non esta mal o novo deseño mais prefería a outra cabeceira :)

  3. 19 / Agosto/ 2008

    Marcus, importante puntualización. Aínda que eu sempre me imaxino os cómics DC en NY…cousas do cinema.

    Brigantium, moitas grazas. Á cabeceira, por certo, aínda haberá algúns cambios máis. O deseñador do theme vai presentar en breve unhas cantas cousas novas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará