Non hai como unhas vacacións para volver a darlle voltas ao deseño. Desta vez fun algo conservador, e quedeime na casa. Tras ano e medio co theme Cutline de Chris Pearson, continúo con este deseñador e o seu Thesis, que é unha evolución algo máis complexa dese anterior, co que me sentía moi cómodo. Estes días andarei facendo cambios, así que se vedes algún problema, desculpade as molestias e, se vos cadra ben, avisade dos fallos que vexades.
mi ma! (q dirian as das rias), desaparezo un mes e medio e xa fixeche lavado de cara. De momento nada que obxectar. Un bico moi grande