A sinxeleza, clave para triunfar no Santiago(é)tapas

Todo ten sentido! A sardiña de Xoán, proposta por Iago Castrillón, o rapaz ao mando dos fogóns no Restaurante Acio, foi a gañadora absoluta do Santiago(é)tapas, o macroconcurso de tapeo que vivimos os compostelanitas nas últimas semanas. Pero é que hai máis, se miras o resto das tapas, hai unha tónica común, tanto entre as que votamos o xurado e as outras: son tremendamente sinxelas, básicas, tradicionais e de xantar rápido e de directo. Son a esencia do tapeo, vaia. No concurso gañaron os que tiñan claro o que era un modelo de tapa: algo rápido de servir, moi saboroso para diferenciarse nunha boca que vai catando todo tipo de sabores de bar en bar, a prezos asequíbeis. A sinxeleza triunfou na gala que se celebrou hoxe á tarde no Palacio do Carme, en Santiago.

Tiven a oportunidade de ser un dos dezaoito membros do xurado que nos estivemos metendo tapas entre peito e costas durante estas semanas. Non o tomen a coña, para un tipo que cea moi lixeiro coma min (haberá uns cantos que non o crean, pero é certo), un maratón de minipratos é unha auténtica costa enriba. O mellor: coñecer xente á que tiña gañas de coñecer, e descubrir sitios. Esa foi a clave.

Este tipo de certames danche, sobre todo, optimismo. En canto comezou a correr a voz do concurso, un montón de xente da cidade empezou a explorar, a probar. ¿Quen di que somos conservadores? É profundamente divertido ver como a xente quere atopar cousas novas, que está disposta a arriscar (na medida en que se pode arriscar para coñecer unha tapa) e que non dubida en irse a un barrio non habitual para probar a un sitio novo. Contáronnolo os hosteleiros que entraron no xogo: a xente que montou bares novos notou toda esa xente que viña co seu tapasporte nos petos disposta a gañarse un agasallo máis simbólico que outra cousa (billete de Air Berlín, TFT de 19”, cousas así, ben pero nada espectacular) entre pincho e pincho. A segunda lección é para a hostelería local, e é moi potente: é doado ter máis éxito se innovas, se te arriscas un anaco. Vai funcionar. A xente vaite acompañar, se o sabes vender. 20.000 tapas servidas nestes días aválano.

Diversión e creatividade nas cociñas compostelanitas xa!

Gañadores:

* PREMIO MELLOR TAPA’08:

“Sardiña de San Xoán”, ACIO.

* PREMIO GALICIA CALIDADE’08:

“Arroz de Verín”, CASAL DO CABILDO.

* PREMIO ESTRELLA GALICIA’08:

“Berberechos con patacas panadeira e cebola”, MESÓN DE LÁZARO.

* PREMIO TAPA TRADICIONAL’08:

“Cefalopodoespetada con alioli da súa tinta”, GARUM.

* PREMIO TAPA CREATIVA’08:

“Semáforo de verduriñas frías”, MADAM RAGÚ.

* PREMIO DO PÚBLICO’08:

“Solombo de porco con cebola caramelada”, BOKADOS TAPERÍA.

8 Comments

  1. faragullo
    17 / Xullo/ 2008

    En fin, creo que é un máis que digno gañador, creo que xa debín comentar por aquí algo do bo facer deste novo restaurante, parabéns. Parabéns tamén para a organización do Santiago etapas, un iniciativa espectacular e ademais ben levada a cabo, só espero que a moda de facer tapas de deseño non faga que Santiago perda as súas abundantes tapas de toda a vida, en moitos dos participantes non foi así, cousa que me alegra.

  2. 17 / Xullo/ 2008

    un saludo cordial don m.gago despues de esta maraton de excentes tapas,le veo preparado para la final nacional que se celebra en Valladolid
    en octubre,donde como jurado podra saborear 64 tapas en 2 dias de los cocineros invitados de las mas de 2000 solicitudes de restaurante de toda españa que se presentan y para que tenga una muestra ojee si es posible esta pagina…
    http./canales.nortedecastilla.es/varios/pinchosytapas/concursonacionaldepinchoas2007/establecimientos/recetario_A-html. y si esposible vea el pincho que presentamos el año pasado….y no le digo mas
    un saludo cordial don m.gago.

  3. roberto gago
    17 / Xullo/ 2008

    saludos manuelgago, excelente y suscinto reportaje del concurso y las tapas premiadas, falto explicar como el publico otorgo ese premio a latapa de solomo de cerdo a lacebolla acaramelada !!!! este reportaje me trae buenos recuerdos de las tasca de galegos,vascos y andaluces tablaos en caracas venezuela,en la decadadel 60 y 70 del siglo XX. las tapas eran el ancla para pasar un buen rato de tertulia y bebida!!! excelente!!!!!!

  4. 17 / Xullo/ 2008

    Roberto, pues yo creo que por el sabor directo, sencillo y sabroso que tenía, aunque lo que no acabo de entender es lo del cracker de paquete como base, cosa para mi bastante imperdonable. Pero quizás los cracker tienen más aficionados de lo que parece…

  5. 17 / Xullo/ 2008

    Enrique, por desgracia esa página no está disponible, pero seguro que la tapa debía estar muy buena. Ya me contará si este año también participan.

  6. ANTONIO
    9 / Agosto/ 2008

    Se ha estado hablando mucho estos dias de la Sardina de San Juan de Iago Castrillon, pero a mi me gustaria hablar de la cocina que hace Iago en Acio. Es mucho mas que la sardina, aunque ella puede sintetizar la linea que adopta el cocinero, sencillez, nobleza en los productos y cocciones impecables.
    Iago no enmascara sabores, los potencia, auna productos clasicos con elaboraciones y acabados a la ultima, hace uso de la tecnica sin limitarse unicamente a ella.
    He estado hace poco comiendo en su casa y me parece que su menu degustacion ( donde incluye la sardina) es un claro ejemplo de que para comer bien en santiago no es necesario pagar cantidades astronomicas. Magnifica relacion calidad precio.
    Iago y Eva estan empezando, pero creo que es todo un acierto en una ciudad como santiago, mantenerse firme a los principios de uno mismo.

    El local lo estan acondicionando aun, poco a poco, pero sin duda es un sitio en el que se esta a gusto. El servicio perfecto, la carta de vinos de las mejores de Santiago. Sin duda Acio merece una visista.

  7. PabloV
    31 / Decembro/ 2008

    Por unha vez e se que serva de precedente :) coincidín contigo no da xardiña de Xoán. Foi de lonxe a mellor tapa que atopei no concurso. E de feito agora son un habitual do seu menú de mediodia ainda que creo que as veces abusa do sal (non podía dar puntada sen fío :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará