Quinta do Avelino 2006: a sutileza dos colleiteiros do Ribeiro

Fora o Viticólogo quen me falara da Quinta do Avelino, e barallamos unha visita a esa adega durante a anterior xantanza, que se descartou porque o tempo non daba para todo. Seica nas vides de Avelino, nas adegas Parente García, hai auténticas xoiais varietais do Ribeiro, unha sorte de xardín da riqueza enolóxica da comarca. O certo é que non probara ese viño así que onte, no xantar, cando o camareiro lanzou ao aire que tiña algunhas botellas, non o dubidei. O Quinta do Avelino 2006 é un viño de colleiteiro, que se pode comparar ao Sameirás ou ao Cuñas Davia. Elegante, equilibrado e, sobre todo, sutil e dunha acidez moi controlada; os sabores non se manifestan demasiado, son case como unha infusión de herbas do camiño. Moi interesante. Está no mercado a uns sete euros.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará