Luna Beberide 2007, un saboroso godello berciano

Onte pola noite probei o Luna Beberide 2007, un godello do Bierzo que me sorprendeu desde o primeiro momento. Goloso, untuoso, con aromas intensos á variedade e unha gran presenza en boca, que daba notas interesantes de herba boa e unha acidez final que o fai recoñecíbel para padais tradicionais en brancos. Non sei a que prezo estará en tendas, pero en restaurante (Bierzo Enxebre en Santiago) estaba nos 13 euros, e en tenda está nos 5. Comparado con outros godellos moi sobrevalorados a nivel económico, o Luna Beberide 2007 na relación calidade-prezo gaña con diferencia. Quédanme gañas de coñecer os tintos desta adega.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará