A Cadea do Perdón do Hospital do Incio

Last updated on 13 / Xuño/ 2008


Fotos: Sole

O Incio é o Caurel antes do Caurel. Fiquei namorado deste territorio de outeiros que xa deixan de ser outeiros pero que aínda non son montañas, e no que a capa vexetal envólvete por riba, por baixo e polo carón. Co sol, o campo está cheo de familias enteiras a sembraren e vellas inmemoriais a falaren coas leitugas e as patacas. E o encontro máis fermoso está aquí, no Hospital do Incio, nunha volta da estrada ao baixarmos da Cruz.

Por aquí, ao carón desta igrexa do Hospital, pasaba unha ruta secundaria de peregrinos. Unha orde de cabaleiría tentou fundar aquí un hospital, que non se chegou a rematar pero no que un case imaxina o rexo edificio entre os montes. A igrexa alberga dentro varias marabillas: Cristos e Virxes medievais, baixorrelevos prerrománicos, unha elegante tumba de cabaleiro no mármore local; o branco inmaculado deste mármore fai que esta igrexa como transplantada do Norte de Italia -e quen sabe se non chegou na cabeza dalgún monxe armado desde os Alpes. Aquí, no Hospital do Incio, Manuel, o sancristán, fíxonos case axeonllarnos, pero non por devoción, senón por esculcar na escuridade e mirar con atención. Nese edificio que ven á dereita hai algo sorprendente. E Manuel contounos esta historia/lenda que aínda lle dá un aire máis máxico e secreto a este fermoso lugar (e que ben contada está!).

7 Comments

  1. Cástor
    16 / Xuño/ 2008

    Espectacular a historia e a imaxe das bocas cas argolas.
    Tes algunha foto de cerca para velas máis en detalle?

    Apertas,
    Cástor

  2. 16 / Xuño/ 2008

    Cástor, efectivamente é un lugar curiosísimo. Trátase dun panteón familiar fidalgo -dun pazo que está ao carón da igrexa- que debeu ser reconstruído hai bastante décadas, e no que hai unha auténtica ensalada de pezas de épocas anteriores, desde tumbas, fiestras ata esas gárgolas. As gárgolas teñen toda a pinta de ser elementos reutilizados , se cadra do XVII ou máis posiblemente do XVII (un experto/a saberá máis sobre iso) e, o máis curioso, están apoiadas sobre dúas coroas de pedra, das que habitualmente están situadas por riba dos escudos heráldicos.

    Pola noite postearei nestes comentarios algunha imaxe máis en detalle. A mágoa é que foron feitas desde a porta do panteón e con bastante escuridade, pero a ver que podemos facer.

  3. 16 / Xuño/ 2008

    Aquí vai unha foto con algo máis de detalle:

  4. 16 / Xullo/ 2008

    Este verano estuve en la iglesia del Hospital de Incio. He vivido momentos maravillosos en mi ninez en esos parajes impresionantes. Mi padre nacio en Dontid, no lejos de la iglesia. Adoro esa tierra y ese rincon tan lleno de naturaleza y acogedor al mismo tiempo. L iglesia siempre me ha llamado la atencion por su sencillez y majestuosidad al mismo tiempo. Yo la he dibujado en muchas ocasiones. Seguire haciendolo. Rosa

  5. luz
    14 / Outubro/ 2010

    Bueno Manuel, a foto de esa avoa que por certo ten 94 anos, e miña avoa, ¡non vexas quedei pasmada!.
    Vexo que che gustan estas terras, ¡pois alégrome moito!, a verdade e que eu son unha admiradora tamém desta terriña que tan boas cousas ten. VIVA O INCIO.

  6. 14 / Outubro/ 2010

    Mimadriña, este mundo é ben pequeno! :-)

    Pois que saibas -que saberás- que a túa avoa é unha señora ben simpática.

  7. José Luis
    28 / Outubro/ 2010

    Eu non sei si acordome do Galego, pero entendo que sabedes disculparme si non sou purista y escriboche como falo, osea mal, coincido con todos en los calificativos de estas terras que son outra cousa fora do normal, eu non sou exactamente do Incio pero seguro que Luz sabe quen sou ya que crieme con o seu tio e miño e hirmau de su aboa. Cada vez que vou a Galicia sempre es una alegria para la vista volver a ver estos lugares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará