Este vídeo posteado hoxe en Certo e gravado por Arben1312 no val de Nebra, no Porto do Son, é o típico que, cando o ves, dis “¡é verdade, canto tempo!“. O certo é que xa non quedan moitos destes emparrados sobre os regatos próximos ás aldeas, pero sen dúbida é un xeito único e moi distintito de cultivar o viño que só ten lóxica nun país como Galicia, no que se combina un minifundio atroz coa abundancia de ríos (espazos pouco aproveitábeis), e bastante sorprendente. Non sei como será a calidade dese viño de regato (parras e tanta humidade sospeito que deben dar unha uva de pouco grado e un viño moi ácido), pero é unha técnica cando menos chamativa e única.
En Boiro, xunto á praia de Barraña, habÃa unha sobre o rÃo Breiro. Efectivamente, as uvas, sempre á sombra e húmidas éra acedas a rabexar. Nunca probei viño delas, pero visto o froito…
Tes razón, canto tempo.
Tes unha en Loxo-(Boiro) mais pequena pero con encanto .Penedos…O Rio.. E ademais creo que e dunha variedade de uva da que xa queda moi pouca.. Saudos
Con tanto sol como lle da os froitos e con ese “canopy management” tan posmoderno inda non sei como se arregla a parrina para botar uvas, o certo e que as prantas adaptanse o medio dunha forma incrible, nunca se sabe si coa axuda da “ciencia” se pode facer un bo arranxo …