O xornal do futuro?

A consultora Innovation e a empresa Bermer presentaron 3030, o prototipo da esquerda coma o “xornal do futuro”, durante o congreso World Newspapers Congress que se está a celebrar en Göteborg (Suecia). Non sei o éxito que terá, pero basicamente coloca un modelo que arrevista a edición diaria e a coloca nun plano moi diferente ao actual.

4 Comments

  1. 5 / Xuño/ 2008

    Estiven a mirar o pouco que se coñece polo momento acerca de 3030 e a verdade é que me parece que a súa única innovación é o guillotinado, ou sexa, o tamaño da edición.
    Non creo que iso chegue para relanzar un xornal, aínda que para saber máis detalles habería que preguntarlle aos de Hachette Filipacchi se dende que sacan versións de peto da Ragazza e outras revistas melloraron as vendas.
    Dáme a impresión de que a maquetación de 3030 é moi ao estilo de Público e ADN, polo que está claro que iso non vai ser o factor decisivo do formato, nin resulta nada innovador.
    Ou sexa, que iso de que o Innovation Lab e Bermer están a negociar con varios países a comercialización deste formato cheira a trola. ¿Acaso é preciso pagar a unha empresa externa para sacar un xornal máis pequeno? Iso si, coma dentro duns meses vexa nos quioscos La Voz Pocket botarei unhas risas.

  2. 5 / Xuño/ 2008

    O xornal non é demasiado innovador. Innovation leva sacando moitos anos unha sorte de informes anuais para a WAN con ese formato e unha maquetación moi similar.

    O que máis me interesa, con independencia do éxito ou non da iniciativa, é a reflexión que hai detrás sobre a función que pode desempeñar un xornal papel diario dentro duns anos. Unha función complementaria e unha versión portátil dunha cabeceira eminentemente dixital.

  3. 5 / Xuño/ 2008

    O formato sen máis non serve de moito. O ABC tamén era así (neste mundo está xa todo inventado) pero acabou cambiando. Polo menos de formato.

  4. 7 / Xuño/ 2008

    O que está claro é que certos usos do xornal van manterse no tempo. Non esquezamos que en Galicia distamos moito de ser unha sociedade conectada, e as novas das vilas chegan aos cidadáns a través da sección de Comarcas de La Voz (así como das imprescindibles esquelas). Iso só se podería cambiar a través de medios accesibles, ou sexa, que hoxe en día é unha ameaza maior para a prensa galega a televisión que a Rede.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará