Falando sobre blogs cos xornalistas galegos de turismo e gastronomía

O domingo tiven a oportunidade de impartir unha conferencia e compartir unha conversa e un xantar cos socios da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo, que está presidida polo xornalista Guillermo Campos, e que celebraba a súa Asemblea anual no Gran Hotel de Mondariz. Foi un tempo moi interesante, agradable e frutífero, falando con profesionais que siguen con atención o crecemento dun tipo de blogs -os enogastronómicos e os de viaxes-, moi relacionados co sector no que traballan: falamos durante hora e media sobre blogs e redes sociais, a súa relevancia pública e a súa capacidade de influencia, da súa relación co xornalismo tradicional, das proximidades e diferencias entre uns e outros, do impacto da publicidade en Internet, de audiencias e da deontoloxía profesional, e eu creo que aínda nos quedaron cousas na mesa. Observei un gran interese en tentar comprender a lóxica do fenómeno, saber como evolucionará este no futuro e localizar modelos dos que aprender. Pola miña parte, ademáis, foi unha estupenda oportunidade para saudar e coñecer persoalmente a moita xente que leo ou escoito con frecuencia.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará