M.A.P.I.E.A (Movemento de Amigos para Invitar a unha Estrella a unha Árbore)

Last updated on 26 / Maio/ 2008

Confeso que nos quedamos bastante sorprendidos. Hoxe, nos montes de Tordoia, atopamos varias árbores que tiñan quintos ou medias de Estrella Galicia enganchadas en ponlas das árbores. O misterio é que contiñan líquido, algunhas máis que outras, é dicir, non foran deixadas ao rematalas por algún capataz forestal cun peculiar sentido estético. Non quixemos dilucidar que tipo de líquido tiñan (se as quitabamos, ao mellor interrumpiamos algo) pero debera haber unha explicación lóxica a esta borracheira arbórea. Seguro…non?

4 Comments

  1. Moncho
    26 / Maio/ 2008

    Preguntareille a un colega meu, que é Enxeñeiro de Montes, se a cervexa ten algún poder especial que descoñezcamos para revivir as pólas secas… :-)

  2. 26 / Maio/ 2008

    :) En todo caso, o licor-café estaría máis en sintonía co frío que hai neses montes en inverno…

  3. 28 / Maio/ 2008

    Está clara a resposta: De tanto tirar cascos de Estrella polo monte, acabaron por polinizar, e ese é o froito dar árbores estreleiras.

    Que afortunados!

  4. 28 / Maio/ 2008

    Creo que se acaba de solucionar o problema do agro galego. Fronte a iso, non hai campo de petróleo que vala. ;-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará