Manuel Rivas, presentador, e Eduardo Galeano. Foto: Sole
A ampla sala do Auditorio de Galicia ficou pequena para acoller a todo o público que fumos ver a Eduardo Galeano onte pola tarde: o escritor uruguaio presentaba o seu novo libro Espejos. Una historia casi universal, nun acto organizado polo Clube Internacional de Prensa. Eu fico impresionado pola capacidade de atracción deste home, capaz de seducir e engaiolar a enormes masas lectoras cun discurso que funde diferentes tonos nun único discurso: o poético, o íntimo, o xornalístico, a crónica, a confesión, a análise. Galeano escribe libros que son coleccións de posts, que alumean o universo e a realidade das inxustizas de América Latina e o resto dos países subdesenvolvidos desde a esperanza e o humor: “a realidade está embarazada doutra realidade”, asegura. En Espejos -libro que xa temos na casa- aborda esta cuestión. Escribe a historia das historias distanciadas da Historia oficial: as mulleres, as minorías étnicas, África, Asia, os indíxenas, nos seus posts que son intensos como revelacións, irmáns daquel estilo de narrar que tanto gustaba a Rafael Dieste.
“O mellor que o mundo ten”, asegurou Galeano, “é a cantidade de mundos que contén”. Aquí vos deixo cun pequeno fragmento da conferencia, para quen non puido asistir. O audio é moi malo, pero coller son ambiente desde o móbil no medio do Auditorio non dá para máis. Son dúas historias: a primeira narra un fusilamento na Coruña, a segunda especula sobre os pintores da arte rupestre das cavernas.
Anterior: Un serán con Eduardo Galeano
Entrevista de Camilo Franco en La Voz a Galeano:
http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/05/13/0003_6813659.htm
Canto temps, sr Gago!!!! Son Carri, de San Agustín, acordaste? Pois nada que atopei o teu blog de casualidade e aquí estou para mandarte unha aperta.
Espero que te vaia todo moi ben.
Vaime, Carri, vaime. Fíxate que casualidade, mañá andarei polo San Agustín nun ciclo de cinema!
Un pracer saber de ti. Tremendo viaxe austral que te pegaches!
Sole publicou algunhas das frases de Galeano na conferencia:
http://soledadfelloza.com/index.php/2008/05/13/de-profesion-pregunton/#more-1516
Facendo un pouco de autobombo, hai outra entrevista en Galiciae:
http://www.galiciae.com/nova/10871.html
Charlar 15 minutos con este home reconcíliate co xornalismo.
Apertas.
hola. Si os interesa ver alguno de los otros actos de Galeano en esta visita la editorial ha montado una web que está bastante bien http://www.sigloxxieditores.com/galeano